Manuel Casás nace o 17 de maio de 1897, e morre o 30 de xullo de 1960 na Coruña. Estudia dereito en Santiago. Vivirá o longo da súa vida na Coruña. Abogado penalista de renome. Alcalde dúas veces (1916-1917 e 1925-1927). Presidente da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos (1913-1919). Fundador e presidente do Instituto de Estudios Gallegos (1918-1936). Presidente accidental da RAG (1936-1960), primeiro como interino. Titular no 1942. Participa en diferentes congresos de dereito penal en España e en outors países europeos. Ademáis das súas colaboracións periodísticas publicará diversas obras sobre dereito penal, así como traballos dedicados ao estudo de personalidades, de historia e literatura galegas. Durante toda a súa vida amosará un vivo interés pola cultura galega, participando e fomentando variados actos de exaltación e homenaxe da mesma. Ainda así se mostrará sempre crítico cos movementos rexionalistas e nacionalistas galegos.
Historia arquivística
Descoñecida.
Alcance e contido
Xantar celebrado en honra de Sofía Casanova, no parque do Leirón. 1 Plano curto de grupo de asistentes á homenaxe celebrada en honor de Sofía Casanova no parque do Sporting Club, o Leirón, na Coruña, dentro do programa de actos da súa visita á Coruña. Entre os asistentes, de esquerda a dereita, Francisco Catoira coas súas fillas Lola e Julia, Augusto Barreiro, Manuel Abelenda, o comandante Leoncio Aspe, Manuel Casás, Sofía Casanova, María Barbeito, María Corredoyra, Carmen Vilariño, Pilar Argudín, Susi Marchesi e Josefina Gonicouría de Folla. 2 Retrato de grupo. No centro Sofía Casanova. Entre o grupo de persoas non identificadas, á esquerda, Leoncio Aspe, Andrés Martínez Salazar, Ramón del Cueto e Eladio Rodríguez. Á dereita, María Barbeito e Manuel Casás. Sentados no chan, Fernando Martínez Morás e Francisco Catoira coas súas fillas. Inscrición no anverso das dúas fotografías: "Homenaje a Sofía Casanova. Coruña 30 de julio 1919. M Casás".
Clase de documento:
Iconográfico
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Normativa:
Acceso libre coas restriccións estabecidas polo decreto 307/1989, de 23 de noviembre, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restriccións que por conservación e preservación estipule a RAG.
As fotografías están dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
Lingua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Regular
Descrición do estado de conservación:
Dúas das copias (XL-1-38 e XL-1-39) en tamaño 18x24. Existe negativo en cristal (9x12).
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias Información adicional da copia: PL-17-2
PL-17-3
Z-1-4C
Z-1-5C
CD-21
D5-2-14
D5-2-15
D5-2-16
D5-2-17
XL-1-38
XL-1-39
PC-4-3
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Fondo Manuel Casás: FS-1-98, FS-1-99, FS-1-100, FM-1-3, FS-26-81
Fondo Manuel Murguía: FS-8-10
Fondo Juan Naya Pérez: FS-13-29
Colección de Fotografías: FS-31-09