Antonio Abelardo Rey Escariz nace na Coruña o 13 de xuño de 1860 e morre na mesma cidade o 15 de abril de 1941. Foi o primeiro dos nove fillos que tiveron José María Rey García e Mª del Carmen Escariz Escariz. Moi amigo de Cesar Vaamonde Lores, foi traballador na Delegaciòn de Facenda da Coruña, escritor e arqueologo afeccionado. Foi académico correspondente e colaborador do BRAG.
Historia arquivística
Descoñecida
Alcance e contido
Fachada das Praterías, na Catedral de Santiago de Compostela. No centro, a porta esquerda, cunha das entradas aberta. Enriba o tímpano, coas esculturas que representan as tentacións de Cristo. Na parte superior, friso coas figuras dos apóstolos e outras figuras. Á dereita columnas encaixadas que separan as dúas portas, a do centro co fuste figurado con apóstolos, anxos e outras figuras, as dos lados con cordons, todas con capites vexetais. Enriba, coroando as columnas, catro leóns baixo un crismón, un demo e un Cristo coroado. Á esquerda, xanela das dependencias do claustro, e debaixo, corremán de pedra, ao lado dunha escaleira descendente.
Clase de documento:
Iconográfico
Condicións de acceso
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Descrición do estado de conservación:
Formato irregular.
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias Información adicional da copia: L-3-24