Escritor e arqueólogo. Nace Eladio Oviedo y Arce en Noia en 1864 e morre na mesma cidade o 19 de xaneiro de 1918. Doutor en Teoloxía, licenciado en Filosofía y Letras e profesor de Historia Eclesiástica e Arqueoloxía no Seminario Conciliar Central de Santiago e finalmente director do Arquivo do Reino de Galicia. Foi o iniciador e principal elemento da "Exposición Arqueológica Gallega" celebrada en Santiago en 1909. Socio numerario e fundador da RAG.
Historia arquivística
Descoñecida.
Alcance e contido
Plano xeral do lateral esquerdo dunha lucerna romana de bronce con forma de cabalo. Inscricion no reverso: "Nº 9995 - Lucerna romana de bronce de un mechero, en forma de caballo y que sirvió para ser suspendida. Procede de las Colecciones de la Biblioteca Nacional no existiendo más datos acerca de su procedencia pero quizás sea Ytaliana".
Clase de documento:
Iconográfico
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Lingua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Regular
Descrición do estado de conservación:
O orixinal está dobrado, como para reducir o seu formato de cara a súa publicación. ademáis, amarelada, con perda de emulsión, e restos de fungos. A copia, de menor tamaño, está en bo estado.-
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias Información adicional da copia: M-1-95
M-1-96
Notas
Nota xeral
Noticia no BRAG, T. XI, p. 94. Acompaña a carta (C 119 / 12) do 25 de xaneiro de 1916, de César Vaamonde Lores a Eladio Oviedo Arce.
Imaxe tomada, posiblemente, a comenzos de 1916 a petición de Eladio Oviedo Arce, facendo de intermediador César Vaamonde