Nace Andrés Martínez Salazar o 8 de febreiro de 1846 en Astorga e morre o 6 de outubro de 1923 na Coruña. Estuda primeiramente no Seminario de Astorga. O bachalerato faino en León logo estudia en Oviedo e Madrid graduandose en Diplomática, e ingresa no Corpo de Arquiveiros e Bibliotecarios. O primeiro destino é, aos 19 anos, no arquivo do Ministerio de Gobernación onde pasa 4 anos, despois pasa 5 anos no Archivo General Central de Alcalá de Henares. En 1871 solicita o traslado a Galicia e ao ano seguinte é destinado ao Arquivo Regional de Galicia, baixo as ordes de M. Murguía que era o director.
Casa na Coruña con Petra Morás Suevos coa que tivo 19 fillos e queda xa definitivamente vinculado á cidade.
Arquiveiro, investigador e editor foi un dos grandes impulsores da cultura galega. No seu labor como editor é de destacar a fundación da Biblioteca Galega, a creación -e dirección- da revista Galicia Revista Regional. Monta tamén a Librería Regional, que será coñecida máis tarde como “A Cova Celtica”.
Entre os seus múltiples cargos pódense citar: Presidente da RAG e da Asociación de Prensa da Coruña, membro da Academia de Belas Artes, da Comisión Provincial de Monumentos de Coruña, da Sociedad Económica de Amigos del Pais e do Ateneo León XIII de Santiago, da Sociedad Arqueológica de Pontevedra, das Reales Academias de Historia y de la Lengua, do Instituto Histórico de Miño e foi, ademais, o primeiro Cronista Oficial de Coruña.
Historia arquivística
Fondo formado na RAG a partir de documentación miscelanea de Andres Martínez Salazar
Alcance e contido
Dúas páxinas do Códice Escurialense, escritas en latín. Non identificadas. Na parte inferior teñen un carteliño coa inscrición: "COD. ESCURIALENSIS. R-II-14. FR. E. MANERO. FOT. ESCORIAL".
Clase de documento:
Iconográfico
Condicións de acceso
Características físicas
Estado de conservación:
Malo
Descrición do estado de conservación:
De todo o imaxinable.
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias Información adicional da copia: L-4-54
L-4-55
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Hai maís documentación de Andrés Martínez Salazar no fondo: Familia Martíne z Morás.
No Arquivo do Reino de Galicia consérvanse o seguinte fondo relacio nado:
- Andrés Martínez Salazar
No Arquivo Municipal da Coruña atópase tamén documentación de Andrés Martínez Salazar.
Notas
Nota xeral
Mási páxinas (co mesmo formato) no rex. 749 (Fondo Eladio Oviedo Arce).