Fermín Fernández Penzol-Labandera (1901-1981), naceu Sahagún (León). Pasou a súa infancia en Mondoñedo, a súa adolescencia en Pontevedra e a súa vida de estudiante universitario en Madrid, onde se licenciou en Dereito. Foi rexistrador da propiedade de profesión. O seu afán bibliófilo levouno a formar un importante conxunto bibliográfico e documental especializado en temas de Galicia, Portugal é, en menor medida, Asturias. No 1956 Fermín Penzol realiza a entrega simbólica do seu legado a Editorial Galaxia e anos mais tarde, mediante escritura notarial do 7 de abril de 1963, constitúese na cidade de Vigo a Fundación Penzol cun padroado formado por personaxes destacadas das artes, das letras e das ciencias de Galicia. A súa principal finalidade será a de servir como centro de investigación de estudios galegos. A Fundación establécese en Vigo, inicialmente no número 24 da rua Policarpio Sanz baixo a dirección de Francisco Fernández del Riego. No 1985 mediante acordo suscrito entre a Fundación Penzol e o Concello de Vigo, os fondos trasládanse aos locais da Casa Galega da Cultura de Vigo no número 2 da Praza da Princesa, a súa sé actual. En 2008 anóvase o Patronato da Fundación ampliando os seus membros e incorpórandose institucións no mesmo (Real Academia Galega e Consello da Cultura Galega). Francisco Fernández del Riego, alma e brazo executor da Fundación, retírase, producíndose dous anos máis tarde o seu pasamento. O seu sustituto e director actual é Francisco Domínguez..
Historia arquivística
Das referencias na correspondencia privada e papeis de Fermín Penzol, conclúese que foron mercados polo mesmo en diversas librerías de vello e a algúns particulares.
Alcance e contido
Contén: 1.- 1418-10-11 / [Santiago de Compostela] Gómez Núñez, veciño de Gondomar (feligresía de San Xián de Vea) vende a Lourenzo de Gondomar e a súa muller María Eanes, da mesma vecindade, a leira de Altamira co tallo de heredade da Pena e máis unha heredade que chaman de Parada, sito todo elo no lugar de Gondomar, por cento dez morabedís de moeda vella. 2.- 1418-10-11 / [Santiago de Compostela] Gómez Núñez vende a Lourenzo de Gondomar e a Xoán de Calvelo, veciño de Santo André de Vea, por metade, unha parte dos castiñeiros que ten no mesmo lugar de Gondomar.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Libre acceso en función do estado de conservación.
Lingua:
Galego
Escritura:
Letra cortesá
Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Pergameo
Notas
Nota xeral
Acompaña un bifolio de papel (sen filigrana, 31 x 43 cm.) que sirve de cuberta e ao que vai cosido o documento, coas seguintes anotacións: Na cuberta: " Nº. 205. Ventas en el lugar de Gondomar, en San Julián de Vea". No interior da cuberta: "Venta que Gómez Núñez hizo a Lorenzo de Gondomar de la Heredad de Altamira, del tallo o heredad da Pena y del tallo o heredad de Parada, sitas en el lugar de Gondomar, en San Julián de Bea, fecha en 11 de octubre de 1418 años, por ante el notario Gómez Graña. Y otra venta que Gómez Núñez hizo a Juan de Calvelo y Lorenzo de Gondomar, a cada uno de por mitad, de onze castaños sitos en el lugar de Gondomar, felegresía de San Julián de Bea, fecha en 11 de octubre de 1418 años por ante el notario Gómez Graña". Onomástica antiga: - Gomes Nunes - Lourenço de Gondomar - Maria Eanes - Juan de Calvelo Toponimia antiga: - Gondomar - San Giãao de Vea Notario: - "Gomes Garçia, notario publico jurado de Santiago".