Luis Soto Fernández (1902-1982) era natural de Podentes, A Bola. Estudia o bacharelato en Celanova, e tras emigrar a Arxentina e cumplir o servicio militar na guerra de Marrocos, exerce o maxisterio no Carballiño e desenvolve unha intensa actividade sindical na FETE.
Ao comezo da Guerra Civil crea Solidaridade Galega Antifeixista. En xullo de 1938 exiliase en México, onde mantivo vivo o galeguismo político desde un nacionalismo de esquerda, impulsando organizacións políticas como a UPG (1964), o Partido Galego do Proletariado (1976) ou Galicia Ceibe (1979), fundando distintas publicacións e colaborando noutras (Boletín Galego de Información, Loita, Vieiros...), a través das cales desenvolveu un importante labor xornalístico.
Historia arquivística
O fondo Luis Soto Fernández foi doado á Xunta de Galicia en 1993 polos seus herdeiros, e incorporouse ó Inventario Xeral de Bens e Dereitos da Comunicade Autónoma de Galicia, adscribíndose á Consellería de Cultura e Xuventude, en virtude do Decreto 231/1993, do 30 de setembro, publicado no DOG nº 198 do 14 de outubro de 1993.
Alcance e contido
O destinatario, Marcial Fernández, era membro do Padroado da Cultura Galega do México e director da revista "Saudade", na cal que fixo un bosquexo da vida e obra de Castelao a que o propio Castelao fai referencia ao comezar a carta. Castelao menciona a posibilidade de celebración dun Congreso Galego no exilio, ao que é favorable e pretende asistir, de celebrarse. A continuación, Castelao escribe que o Consello de Galicia non é un goberno galego no estranxeiro para chegar a Galicia cando remate o réxime franquista, xa que os postos no goberno deben ser ocupados polos que non se exiliaron. Nesta carta aparece a súa celebre frase "non vermos repatriados como cadáveres políticos", amén da mención ao status dos partidos políticos no exilio como "ficción perniciosa" e das loitas republicanas internas máis o descoñecemento por parte desta dos antecedentes nacionalistas históricos de Galicia. expresando o seu temor a que os republicanos rematen co réxime de estatutos (Galicia, Cataluña e Euskadi).
Condicións de acceso
Lingua:
Galician
Spanish; Castilian
Escritura:
Mecanografiada
Humanista
Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Papel
Documentación relacionada
Existencia e localización de orixinais
Localización de orixinais: Expediente del refugiado en México Luis Soto Fernández Localización (Código de arquivo): ES.28005.AGA/3//AGA,12,02884,028 Código/s de referencia/signaturas: AGA,12,02884,028 Pares.mcu.es
Localización de orixinais: Entrevista a Luis Soto Fernández realizada por Ludivina García Arias en Ciudad de México Localización (Código de arquivo): ES.37274.CDMH//SI,986 Código/s de referencia/signaturas: SI,986 Pares.mcu.es