González Besada, membro dunha das familias máis poderosas de Pontevedra na que tanto o seu pai Basilio González Besada como os seus tíos Rafael e Sabino foron deputados provinciais e ademais este último foi gobernador civil e presidente da Deputación (1896-1898); tras estudar o bacharelato en Pontevedra, continuou a súa formación en a Universidade de Santiago onde se licenciou en Dereito en 1885.
Membro do Partido Conservador comezou a súa carreira política obtendo acta de deputado no Congreso dos Deputados polo distrito de Cambados en 1899; escano que volvería obter nas eleccións de 1901, 1903 e 1905. Tras obter nos seguintes procesos electorais escanos polas circunscricións de Cádiz (1907), Almería (1910) e Alacante (1914), finalizaría a súa carreira como deputado representando á provincia de Lugo nas eleccións celebradas entre 1916 e 1919.
Foi nomeado o 5 de decembro de 1903 ministro de Facenda. Esta mesma carteira ministerial desempeñaríaa noutras dúas ocasións: entre o 14 de setembro de 1908 e o 21 de outubro de 1909 en senllos gabinetes Maura. Tamén foi ministro de Gobernación entre o 27 de xaneiro e o 23 de xuño de 1905 ,e ministro de Fomento, entre o 25 de xaneiro de 1907 e o 14 de setembro de 1908 con Maura.
Foi presidente do Congreso (1914), dos Consellos de Estado, Instrución Pública e Fomento e a Xunta Central de Colonización. En 1915, Maura propúxoo como membro da Real Academia Española. Tamén foi membro da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas, e foi presidente da de Xurisprudencia.
Entre os seus discursos político-literarios merece lembrarse o que en 1905, sendo ministro da Gobernación, pronunciou en sesión solemne, con motivo do terceiro centenario do Quixote, baixo o título Apuntes de Sancho para gobernar a insua Barataria.
O 4 de xuño de 1919, tres días despois das eleccións xerais, González Besada faleceu. Substituiríao como deputado por Lugo o seu fillo Carlos González Besada y Giráldez. Dous anos despois, para honrar a súa memoria, Alfonso XIII creou o marquesado de González Besada, en favor da súa viúva.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Tui Lugar de fallecimiento: Madrid