Felipe Sánchez-Román Gallifa, nado en Madrid o 12 de marzo de 1883 e finado en Cidade de México o 21 de xaneiro de 1956,] foi un xurista e político republicano español.
Fillo do antigo ministro do mesmo nome. Estudou Dereito e dende 1916 ocupou a cátedra de Dereito Civil na Universidade de Madrid. Comezou a súa actividade política durante a etapa final da ditadura de Primo de Rivera abandonando a súa cátedra universitaria para mostrar a súa oposición ao réxime. Participou na Agrupación al Servicio de la República e pasou a participar activamente no movemento republicano, asistindo ao Pacto de San Sebastián e defendendo a Largo Caballero no xuízo contra o Goberno republicano clandestino.
Nas eleccións a Cortes Constituintes de 1931 foi elixido deputado independente por Madrid dentro da candidatura republicano-socialista, participando en varias comisións nas Cortes, especialmente na Constitucional, no anteproxecto da Lei Electoral e nas discusións sobre os estatutos de autonomía. Ademais presidiu a Comisión da Reforma Agraria. Nas eleccións de 1933 refusou integrarse noutras candidaturas republicanas e presentouse novamente por Madrid en solitario sen conseguir escano (aínda que obtivo unha votación estimable, uns 27 000 votos, o 5% dos electores).[En 1934 fundou o Partido Nacional Republicano de carácter moderado. Para as eleccións de febreiro de 1936 uniuse en principio ao Fronte Popular. Porén, trala entrada do Partido Comunista na coalición, abandonouna e deixou o liderado do seu partido.
O 19 de xullo de 1936 foi nomeado ministro sen carteira no goberno que durante unhas horas presidiu Diego Martínez Barrio.
A depuración como catedrático polo bando franquista, sen lugar a proceso contraditorio ningún, produciuse mediante Orde Ministerial en febreiro de 1939, xunto a outros catedráticos. Despois da guerra civil tivo que partir ao exilio. Marchou a México onde pasou a ocupar un cargo de asesor da presidencia mexicana ademais de exercer de docente na UNAM. Alí fundou o Instituto de Ciencias Jurídicas.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Madríd Lugar de fallecimiento: México España, México
ISAAR(CPF): Norma Internacional sobre Registros de Autoridad de Archivos relativos a Instituciones, Personas y Familias. 2ª ed. Consejo Internacional de Archivos, 2004