Oftalmólogo do Hospital Provincial. Militante do Partido Radical e presidente en 1936 da Unión Republicana. É expedientado e destituído do
seu posto en agosto de 1936. É encarcerado en Ourense desde o 27 de outubro de 1937 ata o 19 de febreiro de 1938 na prisión provincial de Ourense e no mosteiro de Oseira. Tras ser destituído da súa praza no Hospital, á cal nunca regresará, dedicouse á medicina libre o resto da súa vida profesional, salvo un breve período, nos anos sesenta, que traballa na consulta de cota do Seguro.