Estanislao Pérez Artime, coñecido como Tanis de la Riva, nacido en Padrón en 1881 e morreu en Vilagarcía de Arousa o 12 de marzo de 1945, foi un industrial e político galego.
Fillo do comerciante José Ramón Pérez de la Riva, procedente de Ortigosa de Cameros (A Rioxa), e da padronesa María Dores Artime Pérez, irmá de Eloy Artime Pérez. Foi concelleiro en Padrón e representaba no distrito de Padrón a Rafael Gasset Chinchilla e despois ao deputado Antonio Rodríguez Pérez.
Foi deputado provincial en 1923 e vicepresidente da Deputación. Foi nomeado presidente da Deputación Provincial d Coruña a finais de 1935, membro do Partido Radical de Lerroux desde a súa fundación en 1908.
En 1925 cómpralle a Enrique Roel Münch unha casa con leira en Iria Flavia, cunha extensión de 11.500 metros cadrados con miras a instalar nela unha fábrica. Nun principio pensara na confección de liño, pero ante a escaseza de materia prima e a crecente demanda de electrificación doméstica, decantouse polas lámpadas. Así nacerá, en 1929, Lámpadas Yria S.A.
A produción de lámpadas comeza nos primeiros meses de 1929. Xa en 1927 comprara a Magdalena Salas a patente para a fabricación de lámpadas de incandescencia.
En 1930 Estanislao contrata ao enxeñeiro alemán Karl Feuchter para liquidar os defectos de fabricación cos que saían os primeiros exemplares. Este decide cambiar a maquinaria obsoleta por outra máis moderna. En 1931 prodúcese a nova lámpada con boa aceptación polo mercado, sobre todo durante a Guerra civil, xa que era a única fábrica na zona nacional. A competencia empeza a ser un problema así que se opta por aumentar a produción para ir a economías de escala. Introducen así mesmo a publicidade, primeiro cun anuncio para cine onde se ve a fabricación e escenas de Padrón.
Tamén foi presidente do Consello de Administración do Hotel Compostela.
Ao estalar a sublevación do 18 de xullo de 1936 foi acusado de «xefe dos esquerdistas de Padrón» e encarcerado nos baixos do concello de Santiago de Compostela. Cando saíu, deu diñeiro para reparar o presidio, co fin de mellorar as condicións nas que se atopaban os presos, dotando aos calabozos de Rajoy con auga corrente, lavabos, letrinas e cloacas. Logo, como podía pagarllo, pasou a unha habitación do Hotel Compostela, baixo vixilancia paga por el, pero unha denuncia da Falanxe de Padrón, acusándoo de subornar aos seus vixiantes, fixo que o trasladasen ao Sanatorio de Baltar, de onde saíu en setembro do 36.
Foi expedientado pola Comisión Provincial de Incautacións de Bens en 1937. Tras a denuncia Tanis fixa a súa residencia en Villagarcía de Arousa até a súa morte en 1944.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Padrón Lugar de fallecimiento: Vilagarcía de Arousa España. Residencia, sede: Padrón (A Coruña)
ISAAR(CPF): Norma Internacional sobre Registros de Autoridad de Archivos relativos a Instituciones, Personas y Familias. 2ª ed. Consejo Internacional de Archivos, 2004