Rafael Pardo Carmona, nado en Santiago de Compostela o 12 de xullo de 1899 e finado no mesmo concello o 3 de decembro de 1936, foi un mestre e político galego.
Foi mestre interino de Arzúa (1926), Moar (1927), Lintín (1928), Rial (1929) e Baño (Muros). Colaborou en El Pueblo Gallego. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido en Santiago de Compostela en outubro. Afiliado a Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado no consello de guerra contra os doce membros do Comité da Fronte Popular o 19 de novembro, foi condenado á pena de morte. Fusilárono nas inmediacións do cemiterio de Boisaca o 3 de decembro de 1936 con Manuel Maroño Calvo, José Maroño Calvo, Modesto Pasín Noya, Fernando Domínguez Caamaño, Francisco Ponte Ces, Luís Martínez Nouche, Rafael Frade Peña, Luis Rastrollo González e José Germán Fernández.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Santiago de Compostela Lugar de fallecimiento: Santiago de Compostela