Cámara Oficial da Propiedade Urbana da Coruña (España). (1912 - 1994)
2. Área de descripción
2.1 Fechas de existencia:
1912 - 1994
2.2 Historia/Descripción:
As cámaras da propiedade urbana créanse polo Real decreto de 16 de xuño de 1907 co obxecto de defender e fomentar os intereses dos propietarios de ben urbanos.
O Real decreto do 25 de novembro de 1918 crea en cada capital de provincia , ou en poboacións de máis de 20.000 habitantes, unha comisión mixta de conciliación e arbitraxe entre propietarios e inquilinos, establece a obriga dos propietarios a colexiarse nas cámaras que se cren nas poboacións onde non existan.
O Real decreto de 28 de maio de 1920 aproba o Regulamento provisional de reorganización e funcionamento. Entre outros asuntos, trata sobre a creación de cámaras onde non existan coa constitución polos gobernadores civís dunha xunta encargada de organizar as cámaras. Esta regulamento elevouse a definitivo no Real decreto lei de 26 de maio de 1927.
Finalmente, xa na época democrática, empeza a extinción destas corporacións. O proceso iníciase coa Lei 33/1987, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado, que suprime a obriga de pagar cotas. Ao ano seguinte, pola Lei 37/1988, do 29 de decembro, tamén de orzamentos xerais do Estado, suprímese a obriga da afiliación. A disposición final décima da Lei 4/1990, do 29 de xuño, de orzamentos xerais, suprime ás cámaras pero unha sentenza do Tribunal Constitucional do ano 1994 a declara inconstitucional. Foron suprimidas de xeito definitivo polo Real decreto-lei 8/1994 de 5 de agosto.
A Cámara Oficial da Propiedade Urbana da Coruña foi recoñecida oficialmente por Decreto do 8 de setembro de 1912