José María Giner Pantoja, sobriño do pedagogo Francisco Giner de los Ríos, foi alumno e profesor da Institución Libre de Enseñanza (ILE).
Membro do Corpo de Arquiveiros e Bibliotecarios desde 1921. Ese mesmo ano foi destinado ao Arquivo da Delegación de Facenda da Coruña e en 1923 pasou ao Arquivo Histórico Nacional onde traballou ata a Guerra Civil.
Colaborou con dous proxectos socioeducativos vinculados á ILE, o centro do Protectorado de El Niño Delincuente denominado “Casa-Escuela Concepción Arenal”, onde ocupou o cargo de director (1921) e o Horfanato Nacional del Pardo (Asilos del Pardo), onde foi vocal-delegado do seu padroado (1936).
Durante a Guerra Civil, por encargo do Presidente do Goberno, Manuel Azaña, foi un dos responsables de salvagárdaa do patrimonio nacional, participando no traslado dos fondos do Museo del Prado a Valencia, Barcelona e finalmente, a Xenebra. Foi vogal da Xunta Central del Tesoro Artístico (1936-1939) e membro do "Comité Internacional de Expertos para el inventario de las obras de arte españolas" (1939).
Exiliouse en Francia onde recibiu o apoio do hispanista Marcel Bataillon.
Regresou a España ao final do franquismo.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Madrid Lugar de fallecimiento: Madrid España, Francia
2.5 Funciones, ocupaciones y actividades:
Actividad:
Membro do Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos