Valeriano González Puertas era un asturiano de Ribadesella, naceu en 1902 e ingreso na Escola Naval de Ferrol en 1920.
En xaneiro de 1924 era Alférez-Alumno, un ano mais tarde era Tenente de Enxeñeiros da Armada. Pertenceu á Promoción de 1921 Navais.
Estivo embarcado no ALFONSO XIII, despois destinado nas Bases Navais Principais. Entre 1927 e 1930 traballo na Base Naval de Mahon, trasladándose despois á Inspección Marítima do Norte en Bilbao, onde paso a dispoñible forzoso en 1932, sendo Tenente- Coronel de Enxeñeiros.
A Guerra Civil píllolle en Santander onde as autoridades encargárono de dirixir as empresas de construción de maquinaria incautadas polo Goberno da Republica para a produción de armamento. Cando no verán de 1937 os franquistas chegaron a Santander procesárono como “autor de un delito de auxilio a la rebelión con la concurrencia de circunstancias atenuantes”. Foi absolto en 1941 pero tivo que abandonar a Armada.
Traballo de arquitecto naval en Cortiza e Hijos SA e despois foi director técnico de Navieira Ason SA e Transatlántica.
Morreu o 29/04/72 no seu pobo, Ribadesella.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Ribadesella (Asturias) Lugar de fallecimiento: Ribadesella (Asturias) España