Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (España). (1939-02-13 - 1945-04-25)
2. Área de descripción
2.1 Fechas de existencia:
1939-02-13 - 1945-04-25
2.2 Historia/Descripción:
A xurisdición especial de responsabilidades políticas ten a súa orixe na Lei do 9 de febreiro de 1939. No seu artigo primeiro declara a responsabilidade política das persoas, tanto xurídicas como físicas, que desde o primeiro de outubro de 1934 e antes do 18 de xullo de 1936, contribuíran a crear ou agravar a subversión da que “foi vítima España” e, daqueloutros que a partir da segunda data se opuxeran ou opoñen ao Movemento Nacional con actos concretos ou pasividade grande.
Para estas persoas a Lei establece tres tipos de sancións:
- Restritivas da actividade.
- Limitativas da liberdade de residenci.
- Económicas.
En casos excepcionais os tribunais podían propor ao Goberno a perda de nacionalidade española, A Lei dispón para estes casos impor as sancións de extrañamento e perda total de bens.
Esta Lei crea o Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas, un órgano administrativo denominado Xefatura Superior Administrativo, os tribunais rexionais, os xulgados instrutores provinciais e os xulgados civís especiais.
O Tribunal Nacional dependía da Vicepresidencia do Goberno e os seu membros eran nomeado por este.
Estre as súas funcións estaban:
- Ditar resolucións definitivas nos expedientes elevados ao seu coñecemento.
- Propor a nova creación de tribunais rexionais e xulgados instrutores.
- Dirixir o funcionamento dos tribunais rexionais, elaborar instrución de funcionamente, resolver conflitos de competencia, resolver consultas etc.
Esta xurisdición modificouse pola Lei do 19 de febreiro de 1942.
O tribunal deixou de depender da Vicepresidencia do Goberno e quedou adscrito ao Ministerio de Xustiza.
Esta Lei facúltao para ditar instrucións ás audiencias provinciais e aos xulgados de primeira instancia e instrución, trala supresión das tribunais rexionais, os xulgados de instrución provinciais e dos xulgados especiais.
Esta xurisdición especial suprimiuse polo Decreto de 13 de abril de 1945