Médico e político galego, estudou o bacharelato no colexio dos Escolapios de Monforte de Lemos e foi médico titular de Castro Caldelas. Importante líder do movemento agrarista na comarca, colaborou con Manuel Casado Nieto na empresa de editar os xornais El Defensor de Caldelas e El Agro. Militou en Izquierda Republicana. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo preso. O Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas abriulle un expediente en 1937 e foi depurado no Colexio de Médicos en 1940. Estivo desterrado en Xunqueira de Ambía, Celanova e Manzaneda ata 1955 e foi vetado polo Gobernador Civil para formar parte da directiva do Colexio de Médicos. Finou en Castro Caldelas o 3 de xaneiro de 1976.