Francisco Potel Pardal, nado en Xanza (Valga) o 29 de xuño de 1887 e finado na mesma parroquia o 9 de agosto de 1939, foi un crego e poeta galego. Ricardo Carballo Calero encadrouno nos tempos do Posrexurdimento.
Rematou a carreira de sacerdote en 1911. En 1917 xa era coadxutor en Vilagarcía de Arousa, e foi nomeado párroco de Lestedo nas abas do Pico Sacro. Foi o responsable da construción da igrexa parroquial actual.
Sendo estudante de crego publicou aos seus vinte e catro anos Costumes da terriña, con prólogo de Emilio Villelga Rodríguez. Como o título indica, é un libro de prosas costumista. Non hai nada semellante a unha trama novelesca aínda que os personaxes actúen dentro da vida campesiña na que se desenvolven. Son catorce capítulos: "Ani-novo", "A morte do porco", "O entroido", "O pormeiro día de coresma", "A semana maor", "O maio", "A noite de San Xoán", "Unha tarde no rueiro", "A festa", "A espadela", "O día dos mortos", "Un casamento", "As fiadas" e "Noite boa"[5]. Dáse detallada conta dun xeito descritivo e lineal de diversos aspectos da vida rural galega, incluíndo celebracións relixiosas e pagás, costumes, traballos do campo etc.
É un libro escrito nunha prosa sinxela e popular, nun bo galego da zona e rico vocabulario para o material folclórico que recolle.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Valga (Pontevedra) Lugar de fallecimiento: Valga (Pontevedra) España