nado en Campo (Arzúa) o 1 de decembro de 1903 e finado en Bilbao o 23 de abril de 1975, foi un filósofo, profesor e político galego. De ideoloxía nacionalsindicalista, foi un dos fundadores das JONS en Galicia.
Estudou a primeira ensinanza na escola nacional da súa aldea e a despois o bacharelato no Instituto de Santiago. Fixo a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, que rematou en 1925 con premio extraordinario, doutorándose en 1927.
Posteriormente iniciou a carreira de Filosofía e Letras en Madrid. Na capital de España aprendeu alemán de forma autodidacta e obtivo o doutoramento cunha tese sobre Hegel,[ ademais de interesarse pola fenomenoloxía de Husserl, Scheler, Hartmann e Heidegger, desfrutando duna bolsa en Friburgo en 1933, onde presenciou a chegada do nacionalsocialismo ao poder. Foi catedrático de Filosofía do Instituto de Santiago de Compostela dende 1932.
Amigo de Ramiro Ledesma Ramos, filósofo como el, colaborou á chegada da Segunda República en La Conquista del Estado e na fundación das JONS, sendo un dos principais dirixentes do partido en Galicia xunto a Santiago Montero Díaz. Destacou o seu labor teórico, especialmente sobre os problemas do campo. En xuño de 1931 apareceu en El Ideal Gallego o manifesto do Bloque Social Campesino asinado por el. Trala fusión das JONS con Falange militou en Falange Española de las JONS, pero as desavinzas de Ledesma con José Antonio Primo de Rivera fixeron que abandonase o partido, xunto co propio Ledesma e unhas poucas ducias de militantes, por entender que os principios jonsistas foran relegados.
Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 reingresou en Falange Española. Como profesor en activo foi designado en 1937 membro da comisión depuradora do Maxisterio en Galicia. En xaneiro de 1938 foi nomeado xefe local de Falange de Santiago de Compostela e Inspector de Falanges Locais da zona de Santiago. Ao ver que o réxime non entregaba todos os resortes do poder á Falange, a súa decepción foi en aumento. A burocratización do Partido, o progresivo distanciamento gobernamental das potencias do Eixe e o non desenvolvemento do programa revolucionario falanxista polo franquismo fixérono afastarse paulatinamente da política.
Despois de Santiago de Compostela, pasou ao Instituto de Xixón (1938), Instituto Luis Vives de Valencia (1939) e Instituto Verdaguer de Barcelona (1940). En 1941 chegou a Bilbao, onde impartiu clase como catedrático do Instituto de Ensinanza Media e na Facultade de Filosofía e Letras e de Ciencias Económicas. Colaborou no semanario El Español e no diario Hierro.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Arzúa (A Coruña) Lugar de fallecimiento: Bilbao España. Residencia, sede: Santiago de Compostela
2.5 Funciones, ocupaciones y actividades:
Actividad:
Licenciado en Dereito, Filosofía e Letras e político