Juan Naya Pérez nace na Coruña no ano 1914. Dende neno vive vencellado á Re al Academia Galega, supervisando a súa educación César Vaamonde Lores.
No ano 1935 fai a súa primeira publicación en El Ideal Gallego, iniciando a súa carreira como xornalista. En 1940 comeza a colaborar con La Voz de Galicia, nun primeiro momento baixo o pseudónimo Martín de Sésamo. Despois de 35 anos de traballo continuado neste xornal, xubilarase voluntariamente como xefe de sección, no ano 1976. Durante todos estes anos colaborou diariamente con sección s como: Hace 50 años, Granos de Arena, Efemérides,Una mirada hacia atrás, Peneiran do, Palique, Estampas Gallegas, etc.
Dende o ano 1942 será académico correspon dente da Real Academia Galega, e a partir do 1947 arquiveiro-bibliotecario da mesma.
En 1961 nomearano Cronista Oficial da Coruña. Ademais, durante catro anos (1966-1979) pasa a dirixir o Boletín de Información Municipal del Ayuntamie nto Coruñés.
Ao longo da súa vida, desenvolve numerosos cargos e funcións, dentro dos cales podemos citar os seguintes: académico correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando; académico numerario da Real Academia de Belas Artes da Nosa Señora do Rosario (1968), e secretario perpetuo da mesma; membro de número e tesoureiro do Instituto de Estudios Coruñeses "José Cornide"; secretario do Centro Cultural Herculino; vocal do Coro Cantigas da Terra; biblio tecario da Reunión de Artesanos; tesoureiro e vicepresidente da Asociación de Prensa da Coruña; vicepresidente da Asociación Cultural Iberoamericana; delegado en Galicia e socio de honra do Centro Coruñés en Montevideo; delegado de España no Centro Galego de Buenos Aires;. presidente da Coral Polifónica Follas Novas (.1951-1967); conselleiro asesor do Patronato Rosalía de Castro; socio efectivo da Sociedade Martins Sarmento de Guimaraes (Portugal); presidente de mérito do Centro Galego de Madrid; socio efectivo da Asociación Internacional para o Progreso da Cultura (Roma); vocal e tesoureiro do Patronato do Museo Histórico -Arqueolóxico da Coruña
Entre os diferentes premios e mencións que recibiu podemos destacar o primeiro premio xornalístico conmemorativo do centenario do nacemento de Andrés Martínez Salazar, instituído pola RAG. (1946); o primeiro premio ao estudio biobibliográfico sobre Martínez Salazar en colaboración con Pedro de Llano (1946); o primeiro premio do concurso promovido polo Concello de Cedeir a para conmemorar o centenario da morte de Pascual López Cortón (1978) ou o primei ro premio do concurso xornalístico conmemorativo do milenario do monasterio de Sobrado (A Coruña, 1959).
Como colaborador en diferentes xornais e revista s, ademais das máis extensas e xa mencionadas con "El Ideal Gallego" e "La Voz de Galicia", atopamos as realizadas na revista Galicia do Centro Galego de Buenos Aires como coordinador, no Boletín da RAG., na revista de Estudios Coruñe ses "José Cornide", na revista da Real Academia de Belas Artes da Nosa Señora do Rosario, na Revista Coruña (dirixida por Regino Barbeito), ou nos diferentes xornais galegos publicados en América
Morre na Coruña no 1993.
Historia arquivística
Retirados en marzo do 2002 17 caixas que contiñan correspondencia e documentación persoal asi como artigos xornalisticos e as notas de Historia de la ciudad dela Coruña y calles y Plazas de la Coruña. Levounas Raul Naya neto de Juan Naya.
Alcance e contido
Diferentes planos do interior da colexiata de Iria Flavia (Padrón) durante a celebración da misa en galego, oficiada polo Cardeal Quiroga Palacios, dentro dos actos de Recepción Oficial das obras de Restauración da Casa Museo Rosalía de Castro, organizados polo Padroado do mesmo nome. 1 O cardeal detrás do altar. No fondo, algunhas autoridades militares e civiles. 2,3. Plano picado do cardeal oficiando. Fronte a el, grupo de asistentes. Entre eles: Bouza Brey, o marqués de Figueroa. No fondo Xesús Ferro Couselo. 4,5 Representantes da RAG: Martínez Risco, García Sabell, Otero Pedrayo, Vales Villamarín, Filgueira Valverde, Parga Pondal, Chamoso Lamas, Antón Fraguas. 6 Algúns dos anteriores mais Sixto Seco, Ánxel Fole, Ramón Piñeiro, Celestino Fernández de la Vega, Torre Enciso.
Clase de documento:
Iconográfico
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Non está permitido ata o 2043.
Lingua:
Spanish; Castilian
Galician
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias Información adicional da copia: M-11-41
M-11-42
M-11-43
M-11-44
M-11-45
M-11-46
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: 1589
Notas
Nota xeral
En 2 e 3 Aquilino Iglesias Alvariño e Carlos Baliñas. En 4 e 5 Porto Anido. En 6, Avelino Abuín de Tembra e López Carballo.