A Sala do Crime creouse no ano 1760. Constaba de tres alcaldes maiores, un fiscal, un axente fiscal, dous relatores, dous escribáns de Cámara e un avogado de pobres. Presidíaa o alcalde maior máis antigo desa xurisdición, que recibía o nome de gobernador da Sala.
Segundo Pedro López, as súas funcións pódense agrupar nos seguintes grupos: impartición de xustiza, control de cárceres e presos, orde e moral públicas e información.
Os alcaldes do Crime tiñan ademais ao seu cargo os asuntos civís e penais que xurdían en primeira instancia no ámbito do Xulgado de Provincia. Este exercía a xurisdición sobre cinco legoas arredor da cidade " y todo lo más hasta ocho, por no tener la ciudad de La Coruña por su parte marítima tierra hacia donde extenderse", segundo se di na Real Cédula de 21 de decembro de 1761 que recolle Laura Fernández Vega.
Historia arquivística
Ata o ano 1775, cando se crea o que constituíu o núcleo fundador do Arquivo do Reino de Galicia, o fondo documental da Real Audiencia custodiouse en diferentes lugares. Así, sobre cada escribanía de asento recaía a responsabilidade inicial da custodia das series documentais produto das súas actividades, mentres que por diversos testemuños sabemos que xa en datas temperás existía un local, que funcionaría como arquivo central do organismo, no convento de Santo Domingo da Coruña, onde sufriría os efectos da ocupación e queima do edificio por parte do exército inglés durante o sitio de 1589. Noutros momentos, o fondo documental —ou fraccións del— gardouse en diferentes institucións coruñesas, como o Convento de San Francisco, o Hospital do Bo Suceso e mesmo nas propias casas dos escribáns. Nuns e noutros locais, as condicións de conservación non eran sempre as máis axeitadas, tal e como evidencian certos testemuños que se refiren a algún deles como "bódega húmeda y mal acondicionada”.
Alcance e contido
Incompleta
Inclúe:
-Sentenza de tribunal de Sobrán
-Notificacións de condena
- Auto de confirmación de sentenza da Real Audiencia
-Real Provisión con sentenzas e condena
-Notificacións
-Oficio de remisión ao fiscal
-Escritura de poder que outorga Telmo Caamaño de Sotomaior dono de terras que levaba Juan Carballo
-Pedimentos de Telmo Caamaño de Sotomaior ante a xurisdición de Sobrán sobre débedas de Juan Carballo
-Escritura de poder outorgado por José Vázquez Betanzos, avogado, para que os seus apoderados fagan relación e taxa dos preitos que levou
- Testemuños de que José Antonio Vázquez Betanzos, avogado, actuou como asesor na causa do roubo a Juan Montenegro polo que foi condenado a prisión e pago de custas
- Nota de regulación de custas
-Testemuño do escribán de número da vila de Cambados Joaquín Antonio Torrado con relación de causas nas que actuou (entre elas aparece a de Juan Carballo sobre roubo)
- Testemuño do xuíz da xurisdición de Sobrán sobre causas que administrou (entre elas aparece a de Juan Carballo sobre roubo)
-Tasación de custas
- Pedimento de Francisco María Patiño e Joaquín Antonio Torrado, xuíz e escribán, de que lles libren a correspondente real provisión con dereitos que lles corresponden sobre os bens embargados ao reo
-Orde de que se libre a real provisión que piden
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Acceso libre. Consulta limitada para aqueles documentos que se achen en mal estado de conservación
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións: o Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia; a Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lingua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Humanista
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: A serie de causas criminais do Xulgado de Provincia corresponde aos procesos en primeira instancia que se elevaban á Sala do Crime
Notas
Nota xeral
1. Extensión e soporte da unidade de descrición (cantidades, volume ou tama ño: trátase dunha estimación.
Nota á área de identificación
Volume e extensión: o que se indica é o que aparece reflictido na Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, recollido tamén por Pedro López na súa obra sobre a Real Audiencia. Alí non se distingue a Real Audiencia do tribunal que a sucedeu, a Audiencia Territorial da Coruña, de maneira que se prolonga a serie de causas criminais ata o ano 1864.
Esta cifra modificarase ao revisarse a descrición do conxunto.