No verso, dúas referencias: Número 84 e nº 38 (detrás doutro númeroriscado, o 2777)
Título
O mosteiro de Santa María de Sobrado afora a García de Villar Devesa a viña da Condesa, no monte de Xanrozo, por unha renda anual da cuarta parte do viño producido nela
Data de creación
1423-12-27 / 1423-12-27. 1423, decembro, 27. Mosteiro de Santa María de Sobrado
Data de acumulación
1423-12-27 / 1423-12-27. 1423, decembro, 27. Mosteiro de Santa María de Sobrado
Segundo a Guía do Arquivo de Antonio Gil Merino, o antigo director Andrés Martínez Salazar doara 363 documentos medievais no ano 1897. Procedían na súa maior parte de mosteiros e conventos desamortizados e foran separados por el dos seus fondos orixinais, segundo o testemuño manuscrito de Ángel del Castillo que se conserva no Arquivo, probablemente coa finalidade de impedir a súa subtracción ou simplemente para a investigación persoal. A este núcleo sumáronse posteriormente novas achegas, esta vez procedentes de preitos e expedientes tramitados perante a Real Audiencia de Galicia, que foron instalados á parte no propio Arquivo, de acordo cunha práctica tradicional, para a súa mellor conservación.
Alcance e contido
Comprende privilexios reais, doazóns, compravendas, foros, obrigas, sentenzas xudiciais e outros documentos de orixe pública ou privada.