A Fundación Camilo José Cela, radicada en Iria Flavia, localidade natal do escritor, foi constituída en 1986 polo Premio Nobel padronés co principal propósito e vontade de gardar tódolos seus manuscritos, libros e documentos persoais, xunto con obras artístico-pictóricas e diversas coleccións de todo tipo, conformando todo iso un legado cultural, artístico e persoal visible e accesible para o visitante ou o investigador.

No ano 2012, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia decretou a Fundación de “carácter público” pasando a estar baixo a tutela directa da Administración Autonómica e denominándose desde entón Fundación Pública Galega Camilo José Cela.

A Fundación Pública Galega Camilo José Cela ten a súa sé nas Casas dos Cóengos, (construídas no s. XVIII), que, xunto coa Colexiata de Santa María de Adina, forman parte do conxunto histórico-artístico de Iria Flavia, declarado Ben de Interese Cultural en 1975.

A Fundación ten por obxecto promove-lo estudo da obra de Camilo José Cela e conserva-lo seu patrimonio cultural, humano e mesmo anecdótico, procurando estende-lo coñecemento xeral da súa obra e patrimonio, así como de todas aquelas actividades dirixidas ó fomento da cultura.

 

ACCESO

A Fundación permite a consulta dos seus fondos para a realización de estudos e teses en relación con Camilo José Cela.

Os investigadores interesados no legado do Premio Nobel débense dirixir á Fundación solicitando o acceso ós seus fondos documentais a través do formulario de contacto que aparece nesta páxina. Ademais o usuario deberá asinar un formulario no que confirme coñecer e estar en total acordo co regulamento de acceso ó legado de Camilo José Cela.

HORARIO DE ATENCIÓN AL PÚBLICO

Invierno :
Lunes a Viernes: 8:15 a 14:45 h

Verano :
Lunes a Viernes: 9:00 a 14:00 h.

 

CONTACTO

Teléfono: 981 810 348 
Fax: 981 810 348 
Correo electrónicoiriaflavia@fundacioncela.com 
Webhttps://fundacioncela.gal