Parroquia da que o cardeal del Hoyo afirma que tiña por unido a San Martiño de Bravío.
Do estudo dos libros da parroquia advírtese que a unión de ambos curatos data de 1577, pola súa proximidade e por non valer o de Brabío máis de 40 ducados.
A presentación do beneficio era alterna de San Martiño Pinario e do arcebispo.
Tamén cita nas súas Memorias del Hoyo unha capela fundada por Pedro de Ben, arcedián de Trastámara e rector desta igrexa, dentro da parroquial ao lado da Epístola, da que se encargaban 8 capeláns.
Menciona outra capela fundada por Gómez García da Torre e Fernán Rodríguez da Torre, irmáns e cregos, de advocación da Visitación de Nosa Señora, con 4 capeláns. Era o seu padoeiro o Rexedor Agustín Rodríguez da Torre.
E outra fundada por María López, muller do Rexedor Xoán Rodríguez Suárez, con 2 capeláns.
Por última afirma que "hay ansimismo en esta iglesia veinte anales y algunos otros aniversarios que se dejan de poner por no hacer este libro largo".
Da documentación parroquial tamén se deduce a existencia dun hospital baixo a advocación de Santo Antón de Padua, con enfermeiros e persoal cando menos ata o século XVIII.
Así, fóra dos anais e capelanías que se desenvolverán neste cadro, podemos citar (para 1721) as cofradías de Santa Lucía, a cofradía do Santo Nome de Xesús (sita no convento de Santo Domingo), a cofradía de Nosa Señora do Rosario (tamén no convento de Santo Domingo), a cofradía do clero de ambas parroquias (Santiago e Santa María do Azougue de Betanzos), a cofradía de Ánimas (sita tamén no convento de Santo Domingo), a cofradía de Santísima Trinidade, a cofradía de Santo Isidro e a cofradía de Santo Antón Abade.
Condicións de acceso
Lingua:
Spanish; Castilian
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia