S. Xoán de Servoi

Ligazón persistente
EAD Dublin Core RDF Linked Open Data / EDM 5.2.8
 

Identificación e descrición

Referencia

  • ES.GA.32054.AHPOU/2.4.2.5.7.

Título

  • S. Xoán de Servoi

Data de creación

  • 1433 / 1663

Nivel de descrición

  • Fondo

Volume e soporte da unidade de descrición

  • 2 Pergameo(s)

Historia e alcance

Historia institucional/Reseña biográfica

  • Mosteiro bieito fundado posiblemente sobre outro anterior que en 1132 foi cedido á sé auriense polo monarca Afonso VII. Ao longo da súa existencia mantivo unha estreita relación coa catedral de Ourense e, de feito, varios dos seus abades foron membros do cabido da mesma.

Historia arquivística

  • Este fondo ingresou no arquivo procedente da Delegación de Facenda en 1943. Forma parte dos documentos fundacionais do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e procede das institucións relixiosas desamortizadas no século XIX. Trala Desamortización os arquivos das institucións relixiosas ingresaron no Arquivo Histórico Nacional pero unha boa parte dos fondos monásticos ourensáns permaneceu nas dependencias provinciais de Facenda e pasou a constituír a documentación fundacional do arquivo.