Caderniño que contén informacións sobre certos bens que Alberte Rodríguez e seus irmáns teñen no lugar de Ínsua, feligresía de Santa Mariña de San Román, arrendamento dos mesmos e diversas notas de Xoán López de Miño, notario.
Data de creación
(1463-1468)
Nivel de descrición
Documento
Volume e soporte da unidade de descrición
10 Folla(s)
215 x 301 mm., pregado en 215 x 157 mm
Outras características físicas:
f. [2 bifolios soltos coma cuberta [f.1-2 e 7-8], 2 f. soltas [f. 3-4] e 2 bifolios cosidos cunha tira de papel [f. 5-6]. Presentan furados de ter estado cosidos todos xuntos].
Fermín Fernández Penzol-Labandera (1901-1981), naceu Sahagún (León). Pasou a súa infancia en Mondoñedo, a súa adolescencia en Pontevedra e a súa vida de estudiante universitario en Madrid, onde se licenciou en Dereito. Foi rexistrador da propiedade de profesión. O seu afán bibliófilo levouno a formar un importante conxunto bibliográfico e documental especializado en temas de Galicia, Portugal é, en menor medida, Asturias. No 1956 Fermín Penzol realiza a entrega simbólica do seu legado a Editorial Galaxia e anos mais tarde, mediante escritura notarial do 7 de abril de 1963, constitúese na cidade de Vigo a Fundación Penzol cun padroado formado por personaxes destacadas das artes, das letras e das ciencias de Galicia. A súa principal finalidade será a de servir como centro de investigación de estudios galegos. A Fundación establécese en Vigo, inicialmente no número 24 da rua Policarpio Sanz baixo a dirección de Francisco Fernández del Riego. No 1985 mediante acordo suscrito entre a Fundación Penzol e o Concello de Vigo, os fondos trasládanse aos locais da Casa Galega da Cultura de Vigo no número 2 da Praza da Princesa, a súa sé actual. En 2008 anóvase o Patronato da Fundación ampliando os seus membros e incorpórandose institucións no mesmo (Real Academia Galega e Consello da Cultura Galega). Francisco Fernández del Riego, alma e brazo executor da Fundación, retírase, producíndose dous anos máis tarde o seu pasamento. O seu sustituto e director actual é Francisco Domínguez..
Historia arquivística
Das referencias na correspondencia privada e papeis de Fermín Penzol, conclúese que foron mercados polo mesmo en diversas librerías de vello e a algúns particulares.
Alcance e contido
O documento leva por título, na cuberta: "Apeo del lugar de Ynsua. Apeo y declaración de vienes del lugar de Ynsua, o Cebey, sito en la feligresía de Santa Mariña de San Román, que es en tierra de Dubra. Y también hay un arriendo de echos vienes a Julio Pérez de Ynsua que le hizo Alverte Rodríguez" [f.1r.] [f. 2v. e 3 en branco]. Na contracuberta: Varias anotacións (sobre unha leira, sobre unha venda dunha leira, unha lista de nomes...) [f. 10v.] Contén: 1.- 1464-02-25 / Cebei (Santa Mariña de San Román, Val do Dubra) Nota de [Xoán López de Miño] sobre a información acerca dos bens pertenecentes a Alberte Rodríguez e Alonso Mariño no lugar de Cebei.[f. 3r.-4v.]. 2.- 1463-12-22 / Portomedal (San Martiño de Coucieiro, Val do Dubra). Nota de [Xoán López de Miño] sobre o nomeamento de procuradores por parte de Xulián González de Portomedal.[f. 4v.]. 3.- 1468-03-06 / Ponte Portomouro (San Cristovo de Portomouro, Val do Dubra) Nota de [Xoán López de Miño] sobre unha carta de pago outorgada en nome de María Fernández.[f. 5r.] 4.- [S.d.; s.l.] Nota (6 liñas) sobre débedas de María Ares. [f 5v.]. 5.- 1462-01-28 / Ínsua (Santa Mariña de San Román, Val do Dubra) Información dos bens de Alberte Rodríguez e seus irmáns no lugar de Ínsua. Ante Xoán López de Miño, notario, por mandato de Vasco Martínez, xuiz da audiencia do arcebispo de Santiago.[f. 6r-7v.]. 6.- 1462-01-28 / Ínsua (Santa Mariña de San Román, Val do Dubra). Alberte Rodríguez e seus irmáns arrendan os seus bens en Ínsua a Xoán Pérez de Ínsoa e a súa muller, por sete anos e cunha renda anual de unha fanega de trigo e dúas galiñas. [f. 8r.] [No f. 8v. unha pequena nota sobre o valor da escritura]. 7.- 1520-12-03 / [S.l.] Nota de Sanrromán sobre o valor dunha taza mercada por Roy Fernández, peleteiro. [f. 9r.] [f. 9v-10r en branco].
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Libre acceso en función do estado de conservación.
Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Papel
Notas
Nota xeral
Onomástica antiga: - Alverte Rodriges - Vasco Mart[inez] - Alonso Marinno - Joham Peres d'Insoa - Julian Gonçales de Portomedal - Maria Fernandes - Maria Ares Toponimia antiga: - Insoa - Çebey - Santa Marinna de San Romaao - Portomedal - San Martinno de Conçiero - Portomouro - Sam Chrisptovo de Portomouro Notario: - "Joham Lopes de Minno, escripvano del Rey noso sennor enna sua corte e em todoslos seus regnos e sennorios e notario publico outrossi em terra de Dubra e de Montaos" .