O Movemento Nacional, tamén coñecido simplemente como Movemento, é o nome que recibiu durante o franquismo o mecanismo político que pretendía ser o único medio de participación na vida política española.
Respondía a un concepto de sociedade corporativa na que unicamente debían expresarse as chamadas entidades naturais: familia, municipio e sindicato.
A orixe do termo sitúase nos primeiros anos do réxime franquista. Co cambio de rumbo da Segunda Guerra Mundial, Franco empezouse a distanciar das potencias fascistas. En setembro de 1943, deu ordes para que, en diante, desde os medios oficiais referísense á Falange Española Tradicionalista y de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET y de las JONS) como un «movemento» e non como un partido. Así pois, en diante denominouse de forma xenérica «Movemento Nacional» ao conxunto de organismos e mecanismos que compoñían o réxime franquista.
O Movemento Nacional compoñíase esencialmente de:
- O partido único FET y de las JONS
- A organización sindical ou Sindicato Vertical.
- Todos os cargos públicos do Estado, as deputacións provinciais ou os municipios, fosen funcionarios de carreira ou cargos de libre designación, incluídos os profesores universitarios ou os membros das Reais Academias. Todos tiñan que xurar fidelidade aos Principios recolleitos na Lei de Principios do Movemento Nacional, en teoría inmutables.
- Múltiples organismos de encadramento social, que pretendían facerse omnipresentes na vida pública e privada: el Frente de Juventudes, a Sección Femenina etc.
A cúspide sería o propio Franco como Xefe Nacional do Movemento, secundado por un membro do goberno chamado Ministro Secretario Xeral do Movemento.
As distintas organizacións vinculadas ao Movemento Nacional, durante a guerra civil e os anos inmediatamente posteriores a ela participaron activamente no labor represor.