Oficio do Goberno Civil da Coruña, para o xefe do Parque de Automóbiles da Coruña, no que solicita unha folla de ruta para o automóbil que realizará unha viaxe a Lugo
As Comisións Provinciais de Cualificación son creadas mediante o Decreto 670/76, do 5 marzo, que regula as pensións a favor de mutilados de guerra (art. 4). Para a instrución dos expedientes conta coa colaboración, nun primeiro momento, dunha oficina xestora, que tamén actúa como Secretaría da Comisión . Son reorganizadas na Orde do 24 de febreiro de 1979 (art.4).
Desaparece a Oficina Xestora na dita orde, xa que encomenda estas funcións ao Goberno Civil, sen máis datos, e a Secretaría da Comisión recae nun funcionario do Goberno Civil, aínda que na documentación segue constando moitas veces esa oficina.
Historia arquivística
Ata o momento do primeiro ingreso no Arquivo do Reino de Galicia (a partir de novembro de 1986), o fondo estivo custodiado nas dependencias da institución remitente, en deficientes condicións de organización e conservación a documentación transferida ata 1993 e en mellores condicións as transferencias posteriores.
Alcance e contido
Minuta
Condicións de acceso
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Dereitos de Autor
Situación de Dereitos de Autor:
Os planos e deseños que forman parte do fondo son obxecto da propiedade intelectual dos seus autores, cando este dato consta
Lingua:
Spanish; Castilian
Galician
Escritura:
Humanista
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia e localización de orixinais
Localización de orixinais: Arquivo do Reino de Galicia
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Poden considerarse complemento deste fondo documental os da Administración central delegada e outros de ámbito provincial custodiados no ARG como os de Cultura, Educación, Estatística, Facenda, Xefatura Provincial do Movemento , Sanidade e Información e Turismo. Tamén os da Administración de xustiza territorial (Audiencia Territorial) e Administración institucional (Organización Sindical). Os fondos dos diferentes ministerios custodiados nos seus arquivos centrais e no Arquivo Xeral da Administración situado en Alcalá de Henares. Especialmente significativo é o fondo do Ministerio do Interior / Gobernación. Para series máis concretas, son interesantes os fondos dos Ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación, Industria e Enerxía, Cultura, Educación e Ciencia, Xustiza ou o do Exército (no tocante ás forzas e corpos de seguridade do Estado). Fondos como os dos concellos e deputacións provinciais son imprescindibles para o estudo da administración local. Os arquivos de numerosas entidades privadas (empresas comerciais, industriais, bancos...) achegan información complementaria para series relacionadas coa seguridade privada e outros aspectos.
Notas
Nota xeral
Volume: o volume total do fondo son 7.880 U.I
Contido: a meirande parte do fondo, recibida no Arquivo do Reino de Galicia entre1986 e 1988, con datas extremas entre 1847 e 1985, está descrita nun inventario convencional.