O administrador será nomeado e separado polo delegado central por proposta do director do centro e terá a categoría de persoal directivo. Funcións:
- Organizar e, no seu caso, dirixir o funcionamento económico da escola.
- Levar a contabilidade regulamentaria de ingresos e gastos.
- Preparar os orzamentos de ingresos e gastos.
- Responder do arquivo e custodia de documentos.
- Verificar a preparación de minutas de comida e confeccionar os partes diarios de comedor.
- Organizar e dirixir as compras e adquisicións diarias, así como o control das existencias e material.
- Confeccionar e responder da custodia e actualización do inventario.
- Orientar e dirixir, nas escolas que teñan internado, o funcionamento dos servizos residenciais e especialmente os de intendencia, comedor e vestiario.
- Desempeñar a habilitación da Escola.
- Todas aqueloutras que poida delegarlle ou encomendarlle a Dirección.
Historia arquivística
O fondo da Sección Naval da Fronte de Xuventudes estivo custodiado en principio nos arquivos da Delegación Central e nos das escolas, baixo a tutela do secretario central e dos das respectivas escolas, que eran os que tiñan asignadas, entre outras, esas funcións. Cando unha escola pechaba definitivamente, transfería a súa documentación á sede central, á Delegación Central, como nos consta explicitamente no caso de Palma de Mallorca e Vigo. Pero parece que esta non foi a norma xeneralizada, xa que só se conserva a documentación de catro escolas: Ferrol, Madrid, Palma de Mallorca e Vigo. Descoñecemos cal foi o destino dos fondos de todos eses centros que existiron en variados lugares da xeografía española e que non remitiron os seus documentos á sede central.
Unha vez que desaparece a Sección Naval, a documentación que custodiaba é enviada á Escola de Ferrol. Non coñecemos a data exacta desta transferencia, pero con toda seguridade tivo que ser despois de mediados de 1983, data da fin das actividades deste organismo. Un posible motivo polo que se depositaron os fondos en Ferrol puido ser que esta escola, xunto coa de Huelva, continuou as súas actividades de formación profesional náutico-pesqueira cun carácter xa oficial; e debido á obriga de desaloxo que se lle impuxo á Delegación Central nesas datas, debeuse tomar a decisión de trasladar a documentación a unha sede que tivera a posibilidade de continuar.
Finalmente a documentación conservada en Ferrol foi transferida ao Arquivo do Reino de Galicia o 10 de novembro de 1992.
Alcance e contido
Acompaña: 1945-11-29. Madrid. Oficio do Delegado Central ao Delegado Comarcal da Fronte de Xuventudes de Vigo, no que acusa recibo do inventario valorado.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Véxase nivel de fondo.
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lingua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Descrición do estado de conservación:
Véxase nivel de fondo.
Documentación relacionada
Existencia e localización de orixinais
Localización de orixinais: Véxase nivel de fondo.
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias Información adicional da copia: Véxase nivel de fondo.
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Véxase nivel de fondo.