O Director é o órgano unipersoal que dirixe a Escola. O seu nomeamento, proposto polo delegado comarcal, é competencia do delegado central. Procurarase que sexa un ex-combatente da Mariña e que polo menos teña o rango de suboficial. Cando a importancia da actividade así o requira, haberá un subdirector, tamén nomeado polo delegado central; un deles deberá ser xefe ou oficial da Armada. É o proxecto de regulamento provisional de 1968 o que nos ofrece máis información sobre esta figura. Indica que, segundo o disposto pola Subsecretaría da Mariña Mercante, os de escolas recoñecidas deberán ser profesores titulares co título de capitán da Mariña Mercante, ou xefe ou tenente de navío. Os de escolas de formación profesional poderán ser capitáns de pesca que sexan profesores titulares. As súas principais funcións son:
- Exercer o mando, a dirección, a xefatura dos servizos e a representación da escola.
- Propoñer o nomeamento e cesamento de todo o persoal, previo informe do delegado comarcal.
- Responder da formación dos alumnos.
- Manter relacións coas escolas das que dependan.
- Xestionar colaboracións, axudas, bolsas.
- Estudar e promover a programación de cursos.
- Convocar e presidir a Xunta de Profesores, Económica, Comisión Dietética e demais órganos colexiados.
- Coidar especialmente o desenvolvemento da formación humana.
- Cumprir en tempo e forma coa documentación regulamentaria.
- Todas aqueloutras que lle encomende expresamente o delegado central.
Historia arquivística
O fondo da Sección Naval da Fronte de Xuventudes estivo custodiado en principio nos arquivos da Delegación Central e nos das escolas, baixo a tutela do secretario central e dos das respectivas escolas, que eran os que tiñan asignadas, entre outras, esas funcións. Cando unha escola pechaba definitivamente, transfería a súa documentación á sede central, á Delegación Central, como nos consta explicitamente no caso de Palma de Mallorca e Vigo. Pero parece que esta non foi a norma xeneralizada, xa que só se conserva a documentación de catro escolas: Ferrol, Madrid, Palma de Mallorca e Vigo. Descoñecemos cal foi o destino dos fondos de todos eses centros que existiron en variados lugares da xeografía española e que non remitiron os seus documentos á sede central.
Unha vez que desaparece a Sección Naval, a documentación que custodiaba é enviada á Escola de Ferrol. Non coñecemos a data exacta desta transferencia, pero con toda seguridade tivo que ser despois de mediados de 1983, data da fin das actividades deste organismo. Un posible motivo polo que se depositaron os fondos en Ferrol puido ser que esta escola, xunto coa de Huelva, continuou as súas actividades de formación profesional náutico-pesqueira cun carácter xa oficial; e debido á obriga de desaloxo que se lle impuxo á Delegación Central nesas datas, debeuse tomar a decisión de trasladar a documentación a unha sede que tivera a posibilidade de continuar.
Finalmente a documentación conservada en Ferrol foi transferida ao Arquivo do Reino de Galicia o 10 de novembro de 1992.
Alcance e contido
Normalmente por especialidades e cursos, amosan as diferentes materias que serán obxecto de estudo nesas especialidades, con especificación do número de leccións, cadro de profesores, horas de clase por semana e horas de clase do curso.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Vexáse nivel de fondo.
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lingua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Descrición do estado de conservación:
Vexáse nivel de fondo.
Documentación relacionada
Existencia e localización de orixinais
Localización de orixinais: Vexáse nivel de fondo.
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias Información adicional da copia: Vexáse nivel de fondo.
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Vexáse nivel de fondo.