As Xuntas do Censo Electoral foron creadas pola Lei electoral do 26 de xuño de 1890 (Gaceta de Madrid de 29/06/1890), tendo ao seu cargo a formación, revisión, custodia e inspección do censo electoral, así como o control do desenvolvemento do proceso electoral, nos distintos niveis xurisdicionais: Xunta Central, Xuntas Provinciais e Xuntas Municipais.
A Xunta Provincial do Censo Electoral era unha institución de carácter colexiado, ligada intimamente á Deputación ata 1907; o seu presidente e o secretario eran os da corporación provincial e varios dos seus vogais eran deputados provinciais. A partir da Lei electoral do 8 de agosto de 1907 a participación orgánica da Deputación limítase ás funcións de secretaría desenvolvidas polo secretario, sendo presidida polo presidente da Audiencia Provincial, establecéndose que o censo electoral sería formado, custodiado e rectificado polo Instituto Xeográfico e Estatístico, baixo a inspección dunha Xunta Central e en relación coas Xuntas Provinciais e Municipais
Desaparece en 1977, coa creación das Xuntas Electorais Provinciais (Real Decreto-Lei do 18 de marzo de 1977), regulador dos actuais procesos electorais.
Historia arquivística
Os documentos incluídos neste fondo corresponden aos xerados entre 1904 e 1976, aínda que cabe a posibilidade de que exista documentación anterior, pero non chegou a este arquivo.
A documentación ingresoú en dúas etapas, en 1979 e 1984, xunto con outros fondos da Deputación, institución que custodiou os fondos da Xunta Provincial do Censo electoral.
Alcance e contido
Contén as actas de designación de locais, de presidentes de mesa e adxuntos e da votación.
Clase de documento:
Textual
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
A documentación é de acceso libre, agás as restricións contempladas no artigo 57 da Lei 16/1985 de Patrimonio Histórico Español e no 23 da Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia. O acceso tamén estará condicionado polo estado de conservación dos documentos.
Condicións de reprodución
Normativa:
A reprodución está suxeta ao establecido no Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia así como na Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. Igualmente a publicación dunha reprodución debe ser autorizada, devengando o prezo público establecido no Decreto 219/2011 (artigo 5). Limítase a reprodución daqueles documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.
Lingua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Humanística
Características físicas
Material no que se rexistra a información:
Papel
Documentación relacionada
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Sección Eleccións dos fondos de Concellos.
Notas
Nota xeral
É preciso sinalar que unha gran parte do porcentaxe de documentos depositados no arquivo está en fase de organización.
Nota á área de identificación
No propio fondo da Deputación inclúese algunha documentación anterior á súa creación por considerarse antecedente directo e ter a continuidade na mesma serie en épocas posteriores. As datas iniciais de acumulación veñen dadas pola documentación dos establecementos benéficos erdados pola deputación.