O Arquivo do Reino de Galicia ten os seus antecedentes na Real cédula de Carlos V do 3 de febreiro de 1529 e na Real Provisión do mesmo emperador e da súa nai, Dona Xoana, do 1 de marzo de 1545. Nestas normas ordenábase custodiar e poñer a bo recado os procesos da Real Audiencia de Galicia, institución creada polos Reis Católicos a través de diversas disposicións a partir de 1480.
A orixe inmediata está, no entanto, na Real cédula de Carlos III do 22 de outubro de 1775, pola que se crea o Arquivo, ademais de dotalo de persoal e regular o seu funcionamento
Creado para custodiar a documentación producida pola Real Audiencia de Galicia, convertida máis tarde en Audiencia Territorial da Coruña, desde finais do século XIX e, sobre todo a partir do século XX recibirá tamén documentación doutras institucións de ámbito territorial galego. Finalmente distintas normas asignaranlle o papel de Arquivo Histórico Provincial da Coruña para os documentos da Administración central periférica, primeiro, e da autonómica despois. Custodia tamén fondos privados e amplas coleccións de fotografía, cartografía e de postais.
Instalado no Pazo da Real Audiencia, hoxe Capitanía Xeral da Coruña, foi trasladado aos sotos do Pazo de Xustiza en 1936, onde permaneceu ata 1956, data na que se trasladou ao edificio do xardín de San Carlos
2.3 Lugares:
España. Residencia, sede: A Coruña
2.6 Atribucion(es)/Fuente(s) legal(es):
Real Cédula de comisión de 22 de octubre de 1775 para reunir la documentación de la Real Audiencia (1775-10-22)
Decreto de 24 de julio de 1947, sobre Ordenación de los Archivos y Bibliotecas y del Tesoro Histórico-documental y Bibliográfico. (1947-07-24)
Decreto 914/1969, de 8 de mayo, de creación del Archivo General de la Administración Civil. (1969-05-08)
Decreto 307/1989, de 23 de noviembre, de la Consellería de Cultura y Deportes, de la Xunta de Galicia, Decreto 307/1989, de regulación do sistema de Arquivos e o patrimonio documental de Galicia (1989-11-23)