En 1778, fúndase na cidade da Coruña a Casa de Banca Jaime Dalmau e Pastor. A semente do que despois de converteu no Banco Pastor. Os cambios de denominación social serán constantes na súa historia, de modo que en 1900 denominábase Pedro Barrié e Cía. Máis tarde pasa a ser Sobriños de J. Pastor e o 1 de xaneiro de 1925 asume o título de Banco Pastor S. A, que veu conservando ata o ano 2012 en que se fusiona co Banco Popular para, cinco máis tarde, pasar a mans do Santander.
A historia do Banco Pastor resúmese nunha saga familiar que se remonta a 1776. Entón, Jaime Dalmau, un comerciante de orixe catalá, funda na Coruña, unha oficina de crédito. Dalmau compra a fábrica de chapeus do francés Juan Francisco Barrié D’Abadie en 1810, pero morre ao pouco tempo e, en 1819 entra a formar parte do negocio, como socio da empresa, José Pastor Taxonera que, en 1826, é nomeado director de Dalmau e Pastor. En 1841 celébrase a voda entre Gertrudis Pastor, filla de José Pastor, con Pedro Barrié Marchesi, fillo de Juan Francisco Barrié. Deste matrimonio nacerá Pedro Barrié Pastor.
Catro anos máis tarde, José Pastor compra a participación dos irmáns Dalmau e en 1853 morre José Pastor Taxonera, co que asume a dirección o seu fillo Juan Vicente Pastor. Corre o ano de 1861 cando se crea a sociedade Pastor Irmáns, da man de Juan e José Francisco Pastor. Pero en 1868 morre Francisco e entra na sociedade Gertrudis, fundándose a sociedade financeira José Pastor e Cía. É entón cando José Pastor cede os negocios financeiros ao seu fillo, Pedro Barrié Pastor, que en 1915 é admitido como socio da sociedade Pastor Irmáns.
A construción da sede do Banco Pastor, no Cantón Pequeno, iníciase en 1918. Considerado como o edificio máis alto de España, mantén esta primacía ata o final da década dos anos 20 do pasado século XX.
A marca Banco Pastor, nace en 1925 e Pedro Barrié de la Maza, é nomeado director xeral.
A primeira oficina fóra de Galicia ábrese en 1942, na capital de España.
A Fundación Pedro Barrié de la Maza créase en 1966, cinco anos antes da morte de Pedro Barrié en 1971. É nese momento cando accede á presidencia do Banco Pastor a súa esposa Carmela Arias e Díaz de Rábago.
En 1975. a entidade bancaria sae a Bolsa e en 1981, a condesa de Fenosa, Carmela Arias, cede a súa fortuna persoal á Fundación Pedro Barrié. En 2001, a condesa renuncia ao seu cargo presidencial e nomea como substituto ao seu sobriño, José María Arias, o novo presidente da sociedade.
O Banco Pastor fusiónase co Popular en 2011.