José Santiago Seijo, nado en Viveiro en 1877 e finado na mesma vila o 25 de abril de 1945, foi un avogado, xornalista e político galego.
Avogado en Viveiro. Integrado no maurismo, en 1912 organizou a Juventud Conservadora de Viveiro. Concelleiro de Viveiro, en novembro de 1913 foi nomeado alcalde por Real Orde, posto no que permaneceu até agosto do ano seguinte. Foi director do semanario El Vivariense en 1914, e foi detido e procesado. Ao ano seguinte dirixiu Verdad y Justicia. Secretario do concello de Mondoñedo, foi nomeado secretario do concello de Viveiro en novembro de 1923.[3] Volveu ser nomeado alcalde de Viveiro ao rematar a ditadura de Primo de Rivera e tomou posesión o 14 de abril de 1930.
Foi elixido concelleiro o 12 de abril de 1931. Coa proclamación da Segunda República integrouse na ORGA facéndose co control da organización ao desprazar e marxinalizar ao sector de Ramón Villar Ponte. Presidiu o Partido Republicano Independiente de Viveiro, constituído en marzo de 1933, que editou ese ano o semanario Vox Pópuli. Foi nomeado alcalde en abril de 1934 e permaneceu no cargo até setembro de 1935, cando foi destituído polo gobernador civil, sendo substituído no cargo polo primeiro tenente de alcalde Eugenio Pérez Abadín. Foi reposto no cargo en xaneiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 15 de agosto e xulgado por rebelión, co resultado de sobresemento provisional. Saíu en liberdade o 14 de decembro de 1936, a disposición da autoridade gobernativa.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Viveiro (Lugo) Lugar de fallecimiento: Viveiro (Lugo)
2.5 Funciones, ocupaciones y actividades:
Actividad:
Avogado, político, xornalista e secretario da Administración Local
ISAAR(CPF): Norma Internacional sobre Registros de Autoridad de Archivos relativos a Instituciones, Personas y Familias. 2ª ed. Consejo Internacional de Archivos, 2004