Vizcaino y Martínez Moles, Joaquín (Marqués de Pontejos), 1790-08-21 - 1840-09-30
2. Área de descripción
2.1 Fechas de existencia:
1790-08-21 - 1840-09-30
2.2 Historia/Descripción:
Vizcaíno Martínez, Joaquín. Marqués de Casa Pontejos (IV). La Coruña, 21.VIII.1790 – Madrid, 30.IX.1840.
https://dbe.rah.es/biografias/5949/joaquin-vizcaino-martinez
Fillo dos veciños da Coruña, Vicente Vizcaíno Pérez, fiscal da Audiencia desta cidade, e María Antonia Martínez Moles Valdemoros. O seu matrimonio en Madrid en setembro de 1817 coa adiñeirada Mariana Pontejos e Sandoval, IV marquesa de Casa Pontejos e condesa de Ventosa reportoulle posición económica e integrouno nos círculos aristocráticos da Corte.
En Aranjuez, en marzo de 1807, deu os primeiros pasos a súa carreira militar como garda de corps. Nesa vila coñeceu o levantamento popular contra a ocupación francesa, que marcou o inicio da Guerra da Independencia.
Progresivamente se foi desligando do Exército pasando en marzo de 1819 ao retiro.
En Madrid, durante o trienio, integrouse no Escuadrón de Cabalería da milicia nacional, onde alcanzou o grao de comandante. Produciuse nel un paulatino deslizamento da tendencia exaltada á moderada. Isto non lle librou de ter que exiliarse co implacable retorno ao absolutismo no verán de 1823. Así, durante case toda a década que este imperou estivo na capital francesa, convivindo coa elite conservadora do Estado constitucional, frecuentando os círculos máis selectos da sociedade parisiense, pero tamén asistindo a distintos cursos da Sorbona e da Escola de Artes e Oficios, e cultivando con acerto a súa afección pola litografía.
Co tímido aperturismo que se produciu tras os sucesos de La Granja de setembro de 1832 regresou a Madrid. O 18 de xullo de 1834 faleceu a súa esposa, pasando Joaquín Vizcaíno Martínez a ser coñecido como marqués viúvo de Pontejos.
O 19 de setembro de 1834, corrixidor de Madrid. Deste xeito, seguindo moi de preto as propostas do seu amigo Ramón Mesonero Romanos, baixo a súa xestión a capital adquiriu un aspecto máis moderno e, por tanto, máis burgués. Pero xunto ás luces sempre hai sombras, que, no caso do marqués viúvo de Pontejos, atópanse no desvío de 24.000 reais das arcas municipais destinados ás obras para a traída de augas ao pago dunha débeda particular, polo que as dilixencias xudiciais abertas foron finalmente pechadas en abril de 1838 polo Concello co obxecto de chegar a un acordo co marqués para a reposición da cantidade subtraída.
Cando se restableceu a Constitución de 1812, coa desaparición inmediata da figura do corrixidor por ser incompatible con ela, o marqués viúvo de Pontejos non contou con ocupación pública. .
Abriuse entón un tempo de vinculación ás institucións e iniciativas culturais e filantrópicas da capital. Así, formando xa parte da Real Academia de Nobres Artes de San Fernando polos seus traballos litográficos, sumou o seu nome ao daqueles que, para fomentar a literatura e as belas artes, en maio de 1837 fundaron o Liceo artístico e literario de Madrid. Tamén o fixo en decembro a unha institución máis consolidada como a Sociedade Económica Matritense na que ingresou en decembro de 1837.
Sen abandonar estas actividades, retornou á actividade política. Este regreso produciuse unha vez que, promulgada a Constitución de 1837, os moderados volveron ser hexemónicos co triunfo conseguido nas eleccións lexislativas de outubro deste ano, integrando nesta maioría a súa acta de senador lograda en febreiro de 1838 pola Coruña e involucrándose nas tarefas parlamentarias. E, tamén, colaborando de novo na xestión gobernativa. Así, o 9 de setembro, foi nomeado xefe político da provincia de Madrid, cargo do que dimitiu o 10 de outubro
o 30 de setembro de 1840 faleceu o marqués viúvo de Pontejos. A súa filla Joaquina, froito da relación con Francisca Aulet, converteuse en herdeira universal dos seus bens.