Un dos tres irmáns Cal Brandão, o do medio, o que morreu máis cedo e o máis descoñecido. Pertencente a unha familia de combativos opositores á ditadura militar e do Estado Novo, comezou por ser un activista estudantil nas Universidades de Coímbra e do Porto. Participou en Coímbra no movemento revolucionario de 1928 e estivo igualmente envolvido nos movementos académicos de 1931 no Porto. Tivo que refuxiarse en España. Tras o golpe militar contra a República e o Goberno da Fronte Popular en España en 1936, foi prendido e pasou cerca de dous anos nas prisións franquistas, onde perdeu a saúde, que nunca máis recuperou. Regresado a Portugal, continuou a participar en actividades contra o Estado Novo até á súa morte.
Silo José Cal Brandão naceu na freguesía de Ramalde, no Porto, a 23 de Marzo de 1908. Era fillo da Amélia Brandão (1887- 1974) e do emigrante galego Silo José Cal Muiños, natural de Redondela (Pontevedra), empregado comercial na empresa inglesa Casa Graham.
Matriculouse na Facultade de Medicina de Coímbra e foi vivir para a República das Aguias, fundada por Carlos. Na cidade, no movemento revolucionario de Xullo de 1928, os revoltosos reuníronse na República das Aguias. Foi prendido, co seu irmán Mário, tras a prevista revolta de 1928. Silo pasou entón, tal como o irmán Mário, varias semanas encarcerado no Goberno Civil de Lisboa.
Tendo que mudar para a Facultade de Medicina do Porto, aí participou nos movementos académicos e na folga de Abril de 1931, reprimida por forzas militares e policías que provocaron a morte do estudante João Branco, cuxo funeral foi unha gran manifestación. Sendo procurado pola policía política, Silo refuxiouse na Galiza, xunto de familiares. O mesmo refuxio abrigara xa o seu irmán Mário. Máis tarde, Silo estudou Medicina en Madrid.
Pouco despois de iniciarse a Guerra Civil de España en 1936 (en que o lado franquista venceu en dez días na Galiza), é encarcerado - tal como algúns dos seus compañeiros próximos, entre os cales o médico Telmo Bérnardez (1885-1936), de Redondela, que acompañaba en actividades profesionais, e que veu a ser fusilado. Silo estivo prendido nas prisións franquistas até 24 de Febreiro de 1938, día en que foi liberado, mais grazas a comparecer mensualmente perante as autoridades. Non o fixo e ese ano, conseguiu regresar, clandestinamente, a Porto.
Pola súa fuga, en 1931, fora considerado desertor e só en 1940 conseguiu regularizar a súa situación militar.Foi traballar para a Casa Graham, onde entrou como caixeiro.
Pertencía á masonería: fóra iniciado na tenda Revolta en Coímbra, en 1928; transitou para a tenda Comuna no Porto; continuou a pertencer a esta organización en España (con outros exiliados, fundou en Madrid en 1932 a tenda República Portuguesa, de que era secretario, e que existiu até 1936); e proseguiu despois a súa actividade masónica en Portugal.
Faleceu no King's College Hospital, en Londres, dunha enfermidade oncolóxica o 16 de Setembro de 1954
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Ramalde (Porto, Portugal) Lugar de fallecimiento: Londres Portugal, España