Lorenzo Gironés Navarro, (Barcelona, 27 de febreiro de 1902 – Managua, 7 de decembro de 1955), médico e investigador español.
Inicia a carreira de Medicina na Universidade de Barcelona en 1917. É premio extraordinario da licenciatura de 1924.
De 1926 a 1929, amplía estudos en Alemaña, mediante unha bolsa. En 1933 obtén a cátedra de Patoloxía Xeral da Universidade de Santiago de Compostela.
Foi apartado e depurado da súa cátedra por Decreto de Azaña, en agosto de 1936, xunto con outros catedráticos de universidades españolas.
Durante a guerra civil realiza os seus servizos en hospitais de sangue, no bando nacional. Condecorado coa medalla da Cruz Roja e coa Medalla de la Campaña Española.
En 1940 é nomeado Catedrático de Patoloxía Xeral da Universidade de Barcelona. En 1947 traslada a súa residencia a Managua (Nicaragua), onde morre asasinado en 1955, por un antigo colaborador.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Barcelona Lugar de fallecimiento: Managua España, Nicaragua