Médico fisiólogo e político español.
Foi o último Xefe de Goberno da II República, entre 1937 e 1939. Era fillo de Juan Negrín Cabrera, home de negocios canario e de Dores López Marrero. Estudou o bacharelato no Instituto de La Laguna. Os seus pais, enviárono a estudar a carreira de Medicina a Alemaña doctorándose na Universidade de Leipzig, en 1912, con 20 anos.
En 1914, casou coa pianista María Mijailova Fidelman, á que coñecera na universidade e tiveron cinco fillos, dos que tres chegarían á idade adulta: Juan, Rómulo e Miguel Negrín Fidelman.
A finais de 1915, regresou a España. En 1916, Ramón e Cajal, Presidente da Junta de Ampliación de Estudios (JAE), ofreceulle a creación e dirección do novo Laboratorio de Fisiología da JAE. Neste laboratorio e baixo o seu direccion, formáronse importantes científicos españois da talla de Severo Ochoa, Grande Covián, Garcia Valdecasas, Hernández Guerra, Rafael Méndez, entre outros.
O Ministerio de Instrución Pública validou os seus estudos en Alemaña e despois obtivo a Cátedra de Fisiología na Facultade de Medicina, na Universidade Central de Madrid.
Politicamente, afiliouse ao Partido Socialista Obreiro Español, durante a ditadura de Primo de Rivera. Durante a II República, foi elixido deputado a Cortes polas Palmas, en 1931, e reelixido en 1933 e en 1936. En setembro de 1936, iniciada xa a Guerra Civil española, foi nomeado ministro de Facenda, baixo o Goberno de Francisco Largo Caballero, cargo no que destacou, pola súa capacidade como home de Goberno, reorganizando o Corpo de Carabineiros e adquirindo armamento e subministracións estranxeiras co depósito do ouro do Banco de España, na Unión Soviética e Francia. En maio de 1937, Azaña, Presidente da República, encargoulle a formación dun Goberno, no que deu cabida ás máis variadas tendencias políticas.
Finalizada a contenda, abandonou España, marchando ao exilio en Francia, acompañado dalgún dos seus ministros. Fundou en París en 1939, o SERE (Servizo de Evacuación de Refugiados Españoles), organismo creado para dar resposta humanitaria aos miles de españois refuxiados en Francia, pola guerra e que serían trasladados en barco a México. Coa ocupación de Francia nazi, exiliouse no Reino Unido regresando, en 1947, a Francia. Mentres tanto, en España, foi depurado como catedrático.
Presidiu, o Goberno da II República, no Exilio, desde 1939 até 1945. Viviu exiliado entre Francia e Gran Bretaña, regresando ao exercicio das súas tarefas profesionais con éxito. Faleceu en París, aos 64 anos de idade.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Las Palmas de Gran Canaria Lugar de fallecimiento: París Francia, España, Gran Bretaña