Feliciano Crespo Bello, nado en Ortigueira en 1913 e finado no mesmo concello o 12 de abril de 1976, foi un político galego.
Xefe de Falange Española de Ortigueira, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou nas tomas de Cariño e Cedeira a finais de xullo e na execución de máis de setenta persoas en Ortigueira, Cedeira, Cerdido e Mañón. Foi nomeado concelleiro de Ortigueira e terceiro tenente-alcalde na comisión xestora presidida por Gonzalo Prieto Cao. Colaborou en Era Azul. Foi alcalde de Ortigueira en 1944, deputado provincial e vicepresidente da Deputación. Foi xefe provincial da Hermandad Sindical de Labradores y Ganaderos. Foi elixido procurador en Cortes en 1949 como representante de deputacións provinciais, permanecendo no cargo até 1952. Foi tesoureiro da xunta reitora de UTECO, e presidente da Cámara Oficial Sindical Agraria
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: Ortigueira Lugar de fallecimiento: Ortigueira
2.5 Funciones, ocupaciones y actividades:
Actividad:
Xefe de Falanxe en Ortigueira e alcalde de Ortigueira entre outros cargos (1943)