Luciano Blanco Suárez, nado cara a 1904 e finado en Ortigueira o 28 de febreiro de 1958, foi un político galego.
Correspondente de La Voz de Galicia en Ortigueira durante a República. Afiliouse a Falange Española e logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado concelleiro de Ortigueira e primeiro tenente-alcalde na comisión xestora presidida por Gonzalo Prieto Cao. Xuíz municipal de Ortigueira nos anos corenta. Foi alcalde de Ortigueira nos anos cincuenta até a súa morte en 1958