Ao tratarse Galicia dunha zona vinculada ao bando nacional desde época temperá os expedientes de responsabilidade son tramitados desde o ano 1937. Nesas datas aínda non existían os Xulgados instrutores Provinciais, que serán creados a partir de febreiro de 1939.
Unha vez creada a Comisión Provincial de Incautación de Bens de Ourense, está será a encargada de instruír os expedientes de responsabilidade civil. Para iso dita comisión nomea como xuíz de instrución a Juan Herrera Reyes, titular do Xulgado de Primeira Instancia de Celanova, achegándolle os expedientes instruídos ata ese momento polo Xulgado Militar Especial.
En 1939 créanse os distintos tribunais de responsabilidade política e a partir dese momento as comisións e demais autoridades que ata o de agora interviñan en materia de incautacións e responsabilidades civís envian toda a documentación ás novas autoridades que serán as encargadas de continuar coa súa tramitación.
Os expedientes de responsabilidade política que se tramiten a partir deste intre manterán o mesmo número que xa tiñan asignado como expediente de responsabilidade civil, formando a partir deste intre unha única serie documental.
Historia archivística
Os distintos organismos encargados da tramitación das responsabilidades políticas foron transferíndose uns a outros os distintos expedientes unha vez que eran relevados das súas funcións. O último organismo depositario desta documentación foi a Audiencia Provincial de Ourense, onde permaneceron ata maio de 1983, data na que é transferida a este Arquivo Histórico Provincial xunto coa documentación do Tribunal do Contencioso Administrativo.
Alcance y contenido
Contén: expediente de responsabilidades políticas de: Juan Rodríguez Bóveda, labrador, veciño de Ventosela (Ribadavia); Francisco Bernárdez Meiriño, veciño do concello de Ribadavia; Benito García Rodríguez, veciño do concello de Ribadavia; Manuel Rodríguez Fernández, veciño do concello de Ribadavia; José López, veciño do concello de Ribadavia; Alfonso Rodríguez Fernández, veciño do concello de Ribadavia; Domingo Mantilla González, veciño de Ribadavia; Luis Brage Villar, veciño de Ribadavia; Félix Vidal Mesa; Enrique Araujo Fernández, veciño de Ribadavia; Valentín Lois Sobrino, veciño do concello de Ribadavia; Celso Guntín Cuña, veciño do concello de Ribadavia; Darío Gómez González, veciño do concello de Ribadavia; Juan Amil Barros, veciño de Beade; Rodrigo Alonso Álvarez; Manuel González Rodríguez, veciño de Melón; Benigno Gómez Gómez, aserrador, veciño da Veiga (Carballeda de Avia); Braulio Gómez Pérez, veciño do concello de Carballeda de Avia; Celso Carriceo, veciño do concello de Carballeda de Avia; Victorino Gómez, veciño de Carballeda de Avia; Emilio Álvarez Sulleiro, veciño de Carballeda de Avia; Rodolfo Quinteiro, veciño de Carballeda de Avia.
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
A documentación é de acceso libre, este dereito está garantido polo artigo 57 da Lei 16/1985 de Patrimonio Histórico Español e o 23 da Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia. En todo caso o acceso estará condicionado polo estado de conservación dos documentos.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Suxeita á norma vixente, Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia así como na Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. Igualmente a publicación dunha reprodución debe ser autorizada, devengando o prezo público establecido no Decreto 219/2011 (artigo 5). Só se limita a reprodución da documentación que se atopa en mal estado de conservación ou non poida ser obxecto de consulta segundo as súas normativas de acceso.
Lengua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Mecanografada
Características físicas
Material en el que se registra la información:
Papel
Estado de conservación:
Moi malo
Descripción del estado de conservación:
O mal estado de conservación desaconsella a súa manipulación.
Presenta fungos, manchas de humidade e rotos.
A humidade e os fungos afectaron gravemente á consistencia do papel, coa consecuente perda de información.
Documentación relacionada
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Dilixencias incautatorias instruídas no partido xudicial de Ribadavia Localización (Código de archivo): ES.GA.32054.AHPOU Código/s de referencia/signaturas: 1.1.5.4.1.1.//7182/03