No Decreto do 10 de outubro de 1958, de atribucións e deberes dos gobernadores civís, atopamos referencias sobre as competencias nesta materia ao longo do texto, pero sen vinculación a seccións nin a negociados. É na Orde de xuño de 1961, dentro da Sección de Goberno e Réxime Interior e do Negociado de Orde Pública, onde aparecen agrupadas as competencias do gobernador sobre a materia: espectáculos públicos, caza, armas e explosivos, hospedaxes, etc.
No Real decreto 2669/1977, do 15 de outubro, de organización dos gobernos civís, aparecen xa separadas de Orde Pública e constitúen xa unha das unidades básicas. A Orde de desenvolvemento do 13 de decembro enumera os negociados desta sección dependente da Vicesecretaría Xeral.
A Orde do 25 de xuño de 1982, de estrutura das secretarías xerais, presenta esta subsección máis estruturada, con nivel de sección e dependente da Vicesecretaría Xeral.
Tamén a normativa específica sobre a materia reflicte as competencias dos gobernadores:
- A Orde do 20 de abril de 1940, que faculta os gobernadores civís para outorgar permisos de nova apertura, traslados, traspasos ou variación de negocios de cafés, bares, restaurantes, xeadarías e outros semellantes.
- O Real decreto 2816/1982, do 27 de agosto, Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas.
Historia archivística
Ata o momento do primeiro ingreso no Arquivo do Reino de Galicia (a partir de novembro de 1986), o fondo estivo custodiado nas dependencias da institución remitente, en deficientes condicións de organización e conservación a documentación transferida ata 1993 e en mellores condicións as transferencias posteriores.
Alcance y contenido
Esta subsección ofrece información moi rica para toda unha serie de actividades que son realizadas por particulares, pero que necesitan da preceptiva autorización gobernativa; con todo, nalgúns casos simplemente se comunican ao Gobernador Civil para informar sobre autorizacións ou licenzas concedidas por outros organismos, como os concellos. En primeiro lugar destaca todo o relacionado coa apertura de establecementos públicos e outros incidentes: autorizacións, clausuras, denuncias, inspeccións, etc. Outra actividade da que se conserva abundante información é a reflectida en series como as de autorización de licenzas de armas ou a de autorización de permisos de armas.
Condiciones de acceso
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Derechos de autor
Situación de derechos de autor:
Os planos e deseños que forman parte do fondo son obxecto da propiedade intelectual dos seus autores, cando este dato consta
Lengua:
Spanish; Castilian
Galician
Escritura:
Humanista
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de originales
Localización de originales: Arquivo do Reino de Galicia
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Poden considerarse complemento deste fondo documental os da Administración central delegada e outros de ámbito provincial custodiados no ARG como os de Cultura, Educación, Estatística, Facenda, Xefatura Provincial do Movemento , Sanidade e Información e Turismo. Tamén os da Administración de xustiza territorial (Audiencia Territorial) e Administración institucional (Organización Sindical). Os fondos dos diferentes ministerios custodiados nos seus arquivos centrais e no Arquivo Xeral da Administración situado en Alcalá de Henares. Especialmente significativo é o fondo do Ministerio do Interior / Gobernación. Para series máis concretas, son interesantes os fondos dos Ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación, Industria e Enerxía, Cultura, Educación e Ciencia, Xustiza ou o do Exército (no tocante ás forzas e corpos de seguridade do Estado). Fondos como os dos concellos e deputacións provinciais son imprescindibles para o estudo da administración local. Os arquivos de numerosas entidades privadas (empresas comerciais, industriais, bancos...) achegan información complementaria para series relacionadas coa seguridade privada e outros aspectos.
Notas
Nota general
Volume: o volume total do fondo son 7.880 U.I
Contido: a meirande parte do fondo, recibida no Arquivo do Reino de Galicia entre1986 e 1988, con datas extremas entre 1847 e 1985, está descrita nun inventario convencional.