Instancia de Marcelino García López, veciño do concello de Boimorto, na que solicita que lle sexa anulada unha sanción, imposta pola Fiscalía Provincial de Taxas da Coruña, por transporte duns sacos de centeo dun veciño para o concello de Vilasantar
É a única subsección do fondo que ten unha orixe claramente funcional, xa que ningunha das normas fai referencia a ela, sexa co nivel que sexa. Agora ben, a documentación sobre eleccións e referendos si dá pistas sobre a existencia durante períodos electorais dunha Oficina de Procesos Electorais, dependente do secretario xeral, e que funcionaba durante os períodos de eleccións.
Historia archivística
Ata o momento do primeiro ingreso no Arquivo do Reino de Galicia (a partir de novembro de 1986), o fondo estivo custodiado nas dependencias da institución remitente, en deficientes condicións de organización e conservación a documentación transferida ata 1993 e en mellores condicións as transferencias posteriores.
Alcance y contenido
Gran parte do volume documental deste fondo pertence á sección de Secretaría Xeral/Vicesecretaría, xa que a esta corresponde tanto a xefatura do persoal como o réxime interno, a dirección de asuntos ordinarios e a coordinación das unidades orgánicas. En definitiva, dela depende toda a vida administrativa da institución, desde a xestión interna do organismo, ata a relación con outros órganos provinciais e delegacións ministeriais.
Condiciones de acceso
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Derechos de autor
Situación de derechos de autor:
Os planos e deseños que forman parte do fondo son obxecto da propiedade intelectual dos seus autores, cando este dato consta
Lengua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Mecanografada
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de originales
Localización de originales: Arquivo do Reino de Galicia
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Poden considerarse complemento deste fondo documental os da Administración central delegada e outros de ámbito provincial custodiados no ARG como os de Cultura, Educación, Estatística, Facenda, Xefatura Provincial do Movemento , Sanidade e Información e Turismo. Tamén os da Administración de xustiza territorial (Audiencia Territorial) e Administración institucional (Organización Sindical). Os fondos dos diferentes ministerios custodiados nos seus arquivos centrais e no Arquivo Xeral da Administración situado en Alcalá de Henares. Especialmente significativo é o fondo do Ministerio do Interior / Gobernación. Para series máis concretas, son interesantes os fondos dos Ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación, Industria e Enerxía, Cultura, Educación e Ciencia, Xustiza ou o do Exército (no tocante ás forzas e corpos de seguridade do Estado). Fondos como os dos concellos e deputacións provinciais son imprescindibles para o estudo da administración local. Os arquivos de numerosas entidades privadas (empresas comerciais, industriais, bancos...) achegan información complementaria para series relacionadas coa seguridade privada e outros aspectos.
Notas
Nota general
Volume: o volume total do fondo son 7.880 U.I
Contido: a meirande parte do fondo, recibida no Arquivo do Reino de Galicia entre1986 e 1988, con datas extremas entre 1847 e 1985, está descrita nun inventario convencional.