Nado na Coruña en 1892 e finado na mesma cidade o 31 de agosto de 1936, foi un futbolista, remeiro, funcionario e político galego.
Traballou como funcionario do Concello da Coruña dende 1915 e despois como xefe de negociado. Foi secretario da directiva do coro Cántigas da Terra, futbolista do Real Club Coruña e patrón de traiñeiras.] Na República afiliouse ao Partido Republicano Gallego e foi secretario da xunta do distriro primeiro da Coruña, despois pasou a Izquierda Republicana.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 27 de xullo. Xulgado en consello de guerra por rebelión militar, foi condenado a morte e fusilado no Campo da Rata o 31 de agosto de 1936, xunto ao seu amigo Manuel Guzmán García, Alfredo Suárez Ferrín, Joaquín Martín Martínez, Ramón Maseda Reinante e Francisco Mazariegos Martínez.
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: A Coruña Lugar de fallecimiento: A Coruña España
2.5 Funciones, ocupaciones y actividades:
Actividad:
Funcionario do concello da Coruña, deportista e políticos