http://censoarchivos.mcu.es/CensoGuia/fondoDetail.htm?id=61220
Biografía / Historia: O Movemento Nacional, partido único do réxime franquista, naceu polo Decreto de Unificación de Falange Española co Movemento Tradicionalista e coas Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (JONS) en abril de 1937. Nos seus estatutos aparece o xefe Provincial como primeira autoridade da provincia, este cargo ía unido ao de Gobernador Civil.
O Decreto do 20 de xullo de 1957 estableceu a estrutura da Secretaría Xeral do Movemento: unha Vicesecretaría, a Organización Sindical e oito Delegacións Nacionais. O Estatuto Orgánico do Movemento Nacional do 20 de decembro de 1968, creou as Delegacións Provinciais e Locais.
A última modificación da estrutura da Secretaría Xeral do Movemento produciuse o 5 de xaneiro de 1970, perdurando ata a súa supresión por Real Decreto do 1 de abril de 1977, co cambio político.
Nesta sección agrupáronse fondos procedentes de diversos organismos que forman parte da estrutura provincial do Movemento Nacional: Frente de Juventudes de e Sección Femenina.
A lei do 6 de decembro de 1940 creou o Frente de Juventudes como unha sección de Falange Tradicionalista y de las JONS, con competencias na educación cívica, política, cultural e a educación física da mocidade española.
A Sección Feminina como organización integrada en Falange Española fundouse en 1934 e o seu obxecto era a formación, promoción e participación da muller nos ámbitos familiar, laboral, político e cultural.
O Decreto de unificación do Movemento do 19 de abril de 1937, completou as súas competencias, dividíndose en tres Delegacións Nacionais: Sección feminina, para a formación e mobilización das mulleres; Auxilio Social, para a función asistencial e benéfica; e Frente Hospitais, para axudar na fronte de guerra.
Tras o Decreto 596/77 de supresión do Movemento, a Sección feminina foi transferida á Administración Central recollendo as súas funcións a Dirección Xeral de Promoción Xeral e da Muller
Relaciones: Falange Española Tradicionalista y de las Juntas Ofensivas Nacional Sindicalistas (España). (1937 -)
Jerárquica:
Sección Femenina de Falange Española Tradicionalista y de las JONS (Betanzos, A Coruña)
Jerárquica:
Sección Femenina de FET y de las JONS. Grupo de Coros y Danzas (Vigo, Pontevedra, España)
Término relacionado:
Ditadura de Franco (1939-1975)
Asociativa:
Delegación Provincial da Sección Feminina da Coruña (España, 1934-1977)
Asociativa:
Delegación Provincial da Sección Feminina de Lugo (España)
Asociativa:
Delegación Provincial da Sección Feminina de Pontevedra (España)
Asociativa:
FET y de las JONS. Sección Femenina
Registros equivalentes: Movemento Nacional (España)
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal