As Juntas Ofensivas Nacional sindicalistas naceron en 1931, froito da unión dos grupos de carácter fascista Juntas Castellanas e A Conquista do Estado. Un dos seus principais impulsores foi Ramiro de Ledesma.
A Falange naceu en 1933 liderada por Josá Entonio Primo de rivera , fillo do ditador Primo de Rivera.
Ambas organizacións fusionaronse en febreiro de 1934 para fundar un novo partido, que pasou a denominarse Falange Española de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FE de las JONS). Axiña produciuse un achegamento entre esta nova entidade e Comunión Tradicionalista , movemento de carácter carlista.
finalmente o 19 de abril de 1937, Franco promulgou o decreto de unificación, nacendo así Falenge Española Tradicionalista y de las JONS (FET y de las JONS). Deste xeito o Movimiento Nacional converteuse nun conxunto de principios e instituciónsdo réxime franquiasta que actuou como partido unico, creando unha importante estrutura político-administrativa que creceu paralela á central e, en numerosos casos, suplantouna.
A mediados da década de 1960 a decadencia do movemento falanxista comezou a facerse patente. O 1 DE ABRIL DE 1977 O GOBERNO DE ADOLFO SUÁREZ SUPRIMIU O MOVEMENTO. QUEDARON EXTINGUIDOS Os ORGANISMOS POLÍTICOS HERDADOS DE FET E DAS JONS, MENTRES QUE Os DE CARÁCTER SOCIAL E ASISTENCIAL FORON INCORPORADOS A OUTROS DEPARTAMENTOS DA ADMINISTRACIÓN