Nado nas Pontes de García Rodríguez o 11 de decembro de 1899 e finado en Madrid o 9 de xullo de 1959, foi un político galego.
Fillo de Andrés Francisco Corral Pico, secretario do Concello das Pontes de García Rodríguez, e Antonia Ocampo, estudou o bacharelato na Coruña.[Emigrou a Cuba e retornou a principios dos anos trinta. En principio fixo propaganda a favor de Leandro Pita Romero, pero posto a mal con el, pasouse á dereita. Foi nomeado representante da Sociedad de Autores de España nas Pontes de García Rodríguez en 1933. Secretario do Comité Radical das Pontes, foi detido polo alcalde das Pontes en setembro de 1933, pero liberado ao día seguinte por orde do gobernador civil. Aprobou os exames para secretarios de xulgados municipais en maio de 1935. Dende decembro de 1935 militou na Falange. Foi secretario accidental do xulgado municipal das Pontes de 1936 a 1940.
No golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era xefe de Falange das Pontes e estivo implicado na represión. Foi un dos responsables do masacre de Manuel Ramos Fernández, a súa muller Juana Ferreiro Rodríguez e dous dos seus fillos, Manuel e José o 22 de agosto de 1936. O 23 de outubro, á fronte dunha partida de milicianos integrada por Francisco Bellas Rivero e José Seoane López, asasinou o esmoleiro Avelino López. En 1937 a Falange instruíulle expediente por impoñer multas arbitrarias e estivo preso un mes no cuartel de Falange da Coruña. Foi sancionado pola Delegación de Orde Pública da Coruña con 100 pesetas en 1937 por "no saludar a las banderas nacional y de Falange, contestando a la Guardia Civil en tonos airados e irrespetuosos al ser invitado a ello".Entre xullo e outubro de 1937 foi soldado da setima bandeira de FET y de las JONS e combateu na fronte de Asturias. Foi nomeado alcalde das Pontes en xullo de 1940, cesando no cargo en maio de 1941. En agosto dese ano desenvolveu o cargo de secretario accidental do Concello das Pontes. En outubro de 1941 abríronlle un proceso xudicial polo homicidio de Manuel Ramos e a súa familia, que finalmente foi sobresido. Foi expulsado de FET y de las JONS "por cometer actos denigrantes para la camisa azul" a finais de outubro de 1941.[
Casou con María Villasuso Romero
2.3 Lugares:
Lugar de nacimiento: As Pontes de García Rodríguez Lugar de fallecimiento: Madrid España, Cuba