A Real Intendencia de Galicia foi creada por Real cédula do 2 de abril de 1712, e como as restantes intendencias establecidas en España durante o reinado de Felipe V, responde a un modelo de institución “comisarial”, é dicir, que está presidida por un funcionario que actúa en comisión de forma temporal baixo a dependencia directa do poder central, e máis concretamente, do poder de El-rei. Neste senso, responde a un modelo de administración “secretarial” fronte a outro “colexial” ou sinodal, imperante a primeiros do século XVIII, que os Borbóns trataron de impoñer a imitación da administración francesa, pero que xa contaba con antecedentes en España. Esta nova institución topou coa oposición das institucións tradicionais de Galicia, que xunto con outras circunstancias supuxeron a súa suspensión entre 1716 e 1718. A Real ordenanza de 1718 regulamentou o nomeamento dos intendentes e o seu ámbito xurisdicional. Pero o pleno desenvolvemento das súas funcións administrativas non se acadou ata a segunda metade do século XVIII, a raíz da publicación da Ordenanza de intendentes-corrixidores de 1749, que debe relacionarse con outras disposicións que no mesmo ano impoñen a recadación e administración directa das rendas por parte da Coroa e o establecemento da Única Contribución, imposto directo co que se pretendía racionalizar o sistema fiscal. As funcións dos intendentes eran moi amplas. Destacan as de carácter militar (ou facendístico-militar) e facendístico (recadación, control e administración de rendas), pero tamén as tiñan de xustiza e de fomento (da riqueza, das comunicacións…). Froito do espírito reformista, ilustrado e despótico do século XVIII, a oposición das institucións e forzas tradicionais (como o Consello de Castela ou a propia Audiencia de Galicia), mais o nacemento e desenvolvemento do Réxime Liberal significarán primeiro unha mingua das súas atribucións, que quedarán reducidas na práctica ás facendísticas; e despois, a súa definitiva desaparación en 1849, en que os novos gobernadores de Provincia, asumen, sequera nominalmente, as súas competencias. A nivel territorial, no caso ourensán, o Subdelegado de Rentas, baixo a dependencia xerárquica do Intendente, realizaba as mismas funcións que este na provincia, fundamentalmente de carácter facendístico.
Historia arquivística
A documentación formaba parte do arquivo da Delegación do Ministerio de Economía e Facenda de Ourense e ingresou no arquivo o 9 de setembro de 1961.
Alcance e contido
Contén: Libro persoal de leigos, libro persoal de eclesiásticos, libro real de leigos. Tomo I, libro real de leigos. Tomo II, libro real de eclesiásticos, estados D, E, H.
Esta parroquia comprendía os seguintes lugares: Casoio, Riodolas, Soutadoiro, Ricosende, Pusmazán, A Portela e O Trigal.
Na actualidade estes lugares distribúense nas seguintes parroquias: San Xulián de Casoio (Casoio), Santa Ana da Portela do Trigal (A Portela e O Trigal), San Mateo de Pusmazán (Pusmazán), Santa María de Riodolas (Riodolas), Santa Isabel de Soutadoiro (Ricosende e Soutadoiro), todas elas no concello de Carballeda de Valedorras.
Esta parroquia pertencía á xurisdición do val de Valdeorras, baixo o señorío do conde de Ribadavia.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
A documentación é de acceso libre, este dereito está garantido polo artigo 57 da Lei 16/1985 de Patrimonio Histórico Español e o 23 da Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia. En todo caso o acceso estará condicionado polo estado de conservación dos documentos.
Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
Toda reprodución devengará o prezo público establecido no Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Lingua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia e localización de orixinais
Localización de orixinais: Nos fondos municipais de Ourense e Ribadavia, conservados no Arquivo Histórico Provincial de Ourense, atópanse libros correspondentes a cidade de Ourense e ao lugar e partido de Francelos que foron realizados de acordo coa Real Instrución do 15 de decembro de 1760. Tamen no Arquivo Histórico Nacional e no Arquivo de Simancas se conserva documentación realizada no proceso de elaboración do Catastro de Ensenada. Así mesmo, nos arquivos provinciais de Lugo e Pontevedra atopamos libros que atinxen á actual provincia de Ourense.
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: Nos fondos municipais de Ourense e Ribadavia consérvanse copias notariais de varios libros. Así mesmo no Arquivo de Simancas conservase unha copia dos linterrogatorios, estes últimos están dixitalizados e pódense consultar na páxina web do portal de arquivos estatais (pares.mcu.es)
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas: Expediente de comprobación de bens, rendas e cargas da freguesía de Casoio (Valdeorras, Ourense), efectuado por decreto de decembro de 1760 para o establecemento da Única Contribución. Localización (Código de arquivo): ES.47161.AGS Código/s de referencia/signaturas: DGR,1RE,1086,14 Expediente de comprobación do Catastro de Ensenada da freguesía de Casoio
Comparte interrogatorio coas parroquias de San Xusto, Santa María de Sobradelo (cuxos lugares na actualidade se encontran distribuídos entre as parroquias de Santa María de Sobradelo e San Martiño de Pumares), San Vicenzo de Carballeda, San Pedro de Viladequinta, Santa María de Robledo, Santa Cruz, San Bernabeu de Domiz (na actualidade dividida entre as parroquias de San Bernabeu de Candeda e San Bernabeu de Domiz) e cos lugares de Pumares e Vila (na actualidade integrados nas parroquias de San Martiño de Pumares e Santa María Madalena de Vila), todas estas parroquias pertencen ao concello de Carballeda de Valdeorras.
Ademais os lugares de Quereño e de Vilar de Xeos, na parroquia de San Cristovo de Quereño, Biobra, na parroquia de San Miguel de Biobra, e Vilardesilva, na parroquia de Santo Estevo de Pardollán, todos eles integrados no concello de Rubiá.
Véxase: Expediente do catastro de Ensenada da xurisdición do val de Valdeorras.