MONASTERIO DE SOBRADO CON LOS CONDES DE LEMOS Y MONTERREY...

Enlace persistente
EAD Dublin Core RDF Linked Open Data / EDM 5.2.8
 

Identificación y descripción

Referencia

  • ES.GA.15030.ARG/1.1.1.2.3.1.2.9.//164-18
Notação:
  • 164 18

Título

  • MONASTERIO DE SOBRADO CON LOS CONDES DE LEMOS Y MONTERREY Y JOSÉ VARELA SOTOMAYOR, SOBRE LA GRANJA DE FENTE Y BIENES DE QUE SE COMPONE.

Fecha de creación

  • 1620-11-28. A Coruña / 1731-04-03 (A data inicial pode ser un pouco anterior, pois o preito carece das primeiras follas.)

Fecha de acumulación

  • 1189 / 1802-03-11 (A data final correspóndese coa providencia para que o Arquivo Real certifique un poder que se acha no preito.)

Nivel de descripción

  • Unidade documental

Volumen y soporte de la unidad de descripción

  • 1 Expediente(s)

Creador/es

Historia y alcance

Historia institucional/Reseña biográfica

  • O tribunal que é recoñecido oficialmente como Audiencia Real cara ao 1514 exercerá, a través das súas salas ou en pleno, as competencias de carácter gobernativo e xudicial que as normas da Coroa lle outorgan e as sucesivas ordenanzas lle recoñecen.

Historia archivística

Alcance e conteúdo

  • Foron extraídos 19 documentos en pergamiño:
  • Alfonso IX, rei de León, confirma a doazón ao mosteiro de Sobrado do casal de Fente, feita por Alfonso VII o 24 de decembro de 1155. Data: 1226-03-02. Signatura: 11. Colección de documentos en pergamiño.
  • Domingo Odoariz doa ao mosteiro de Santa María de Sobrado as herdades que posúe en Amoexa e Froán. Data: 1189-[s.m.]-[s.d.]. Signatura: 279. Colección de documentos en pergamiño.
  • Pesquisa realizada sobre o casal de San Bieito, doado por frai Pedro Alfonso ao mosteiro de Santa María de Sobrado, e sobre a igrexa de Santa María de Fente. Data: século XII. Signatura: 286. Colección de documentos en pergamiño.
  • Pedro Peláez vende ao mosteiro de Santa María de Sobrado unha herdade en Fente por oito soldos. Data: 1203-03-[s.d.]. Signatura: 296. Colección de documentos en pergamiño.
  • Paio [?] vende ao mosteiro de Santa María de Sobrado as dúas terceiras partes dunha herdade en Outeiro de Donas por trinta e tres soldos. Data: 1203-05-[s.d.]. Signatura: 297. Colección de documentos en pergamiño.
  • Paio Muñiz e os seus fillos doan ao mosteiro de Santa María de Sobrado a herdade que posúen en Fente. Data: 1203-10-10. Signatura: 298. Colección de documentos en pergamiño.
  • María Rodríguez vende ao mosteiro de Santa María de Sobrado a herdade que posúe entre o río Mandeo e Vilasuso. Data: 1204-08-[s.d.]. Signatura: 300. Colección de documentos en pergamiño.
  • A muller de Xoán Peláez vende ao mosteiro de Santa María de Sobrado o lugar de Mourelle, en Santiago de Amoexa, por catrocentos soldos leoneses. Data: 1207-04-01. Signatura: 301. Colección de documentos en pergamiño.
  • Nuño Fernández de Amoexa renuncia en favor do mosteiro de Santa María de Sobrado á herdade de Ínsua, preto da granxa de Fente, e por este convenio recibe en préstamo unha leira en Ferreira. Data: 1217-05-[s.d.]. Signatura: 304. Colección de documentos en pergamiño.
  • O mosteiro de Santa María de Sobrado adquire por venda un agro en Ínsua de Fente. Data:1219-01-27. Signatura: 306. Colección de documentos en pergamiño.
  • Urraca Díaz, Tareixa Díaz, Urraca Fernández, Pedro Arias e outros venden ao mosteiro de Santa María de Sobrado cadansúa herdade do lugar de [Castenda]. Data: 1233-[s.m.]-[s.d.]. Signatura: 311. Colección de documentos en pergamiño.
  • Marina Yáñez e outros venden ao mosteiro de Santa María de Sobrado as súas propiedades en Monterroso, no couto de Fente e na freguesía de San Cibrao, por trinta soldos leoneses. Data: 1299-07-[s.d.]. Signatura: 335. Colección de documentos en pergamiño.
  • Pedro Fernández e a súa muller, María Lourenzo, apártanse da querela contra o mosteiro de Santa María de Sobrado sobre as herdades de Mourelle e recoñecen a venda que delas lle fixera a súa avoa María Fernández. Data: 1268-02-28. Signatura: 339. Colección de documentos en pergamiño.
  • O mosteiro de Santa María de Sobrado merca os casares chamados de Campos, en terra de Asma. Data: 1270-01-12. Signatura: 342. Colección de documentos en pergamiño.
  • O mosteiro de Santa María de Sobrado afora a Alfonso López e á súa muller o lugar de Outeiro de Donas. Data: 1452-[s.m.]-[s.d.]. Mosteiro de Santa María de Sobrado. Signatura: 409. Colección de documentos en pergamiño.
  • Sancho de Ulloa, conde de Monterrei, doa ao mosteiro de Santa María de Sobrado o couto de Maial, na freguesía de San Pedro de Oza, e en troques recibe o foro da granxa de Fente, propiedade do mosteiro. Data: 1495-08-23. Mosteiro de Santa María de Sobrado. Signatura: 434. Colección de documentos en pergamiño.
  • O mosteiro de Santa María de Sobrado afora ao conde Fernando de Andrade os beneficios sincura das freguesías de Roade, Guitar, Nogueira, a granxa de Fente, o couto de Vilouriz, os casares de Veiga e Vilariño, unha casa e a metade doutra no couto de Nogueirosa, o casar de Vilar na freguesía de Mandiá, ademais do casar de Viladónega e a metade dun monte. Data: 1509-04-27. Mosteiro de Santa María de Sobrado. Signatura: 442. Colección de documentos en pergamiño.
  • Rodrigo Peláez, crego de Amoexa, fai manda en favor dos seus fillos e despois do mosteiro de Santa María de Sobrado, deixándolles a herdade que posúe en Fente. Data. 1230-[s.m.]-[s.d.]. Signatura: 503. Colección de documentos en pergamiño.
  • Paio Pérez e a súa muller venden ao mosteiro de Santa María de Sobrado unha herdade que posúen en Outeiro, no termo de Fente, por cincuenta soldos. 1184, xaneiro, 1. [s.l.]. Signatura 275. Colección de documentos en pergamiño
  • Contén tamén un traslado do testamento de Sancho de Ulloa, conde de Monterrei, expedido en Valladolid o 27 de febreiro de 1506 e outorgado orixinalmente en Zamora o 24 de setembro de 1505.

Condiciones de acceso

Condiciones de acceso

Descripción condiciones de acceso:
  • Acceso libre. Consulta limitada para aqueles documentos que se achen en mal estado de conservación

Condiciones de reproducción

Condiciones de reproducción:
  • A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións: o Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia; a Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
  • Spanish; Castilian

Características físicas

Descripción del estado de conservación:
  • Unha parte do fondo áchase en mal estado debido ás pésimas condicións de instalación que durante séculos sufriron os documentos.

Documentación relacionada

Existencia y localización de copias

  • Existencia de copias: No existen copias

Unidades de descripción relacionadas

Notas

Nota general
  • SE HALLARÁ POR LA MISMA INTITULATA EN EL NÚMERO 2 DEL SIGLO XVIII

Descriptores