EL CONDE DE LEMOS Y ANDRADE CON ANTONIO LOPEZ Y CONSORTES: AUTO ORDINARIO SOBRE COBRAR EL ASIENTO DE TODOS LOS COMERCIANTES QUE PONEN TIENDA EN LA FELIGRESIA EN LA VILLA DE ARZOA.
O tribunal que é recoñecido oficialmente como Audiencia Real cara 1514 exercerá, a través das súas salas ou en pleno, as competencias de carácter gobernativo e xudicial que as normas da Coroa lle outorgan e as sucesivas ordenanzas lle recoñecen.
Historia archivística
Ata o momento da creación do Arquivo do Reino de Galicia, no ano 1775, do que constitíu o núcleo fundador, o fondo documental da Real Audiencia se custodiou en diferentes lugares. Así, sobre cada escribanía de asento recaía a responsabilidade inicial da custodia das series documentais producto das súas actividades, mentres que por diversos testemuños coñecemos que xa en datas temperás existía un local, que funcionaría como arquivo central do organismo, no convento de Santo Domingo da Coruña, onde sufriría os efectos da ocupación e queima do convento por parte do exército inglés durante o sitio de 1589.
Noutros momentos, o fondo documental ou fraccións do mesmo gardáronse en diferentes institucións coruñesas, como o Convento de San Francisco, o Hospital do Bon Suceso ou, tamén, nas propias casas dos escribáns. Nuns e noutros locais, as condicións de conservación non eran sempre as máis axeitadas, tal e como poñen de manifesto algúns testemuños que se refiren a algún destes como"bódega húmeda y mal acondiconada".
Alcance e conteúdo
A serie reúne hoxe todos os documentos que integran as agrupacións tradicionais formadas en función da categoría xurídica do demandante ou con criterios temáticos
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre. Consulta limitada para aqueles documentos que se achen en mal estado de conservación
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Por estar transferida a xestión á Comunidade Autónoma de Galicia, a reproducción da documentación deste fondo áchase suxeita á Lei 13/1991,de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 12, desenvolvido polo Decreto 320/1992 de 12 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos percibidos pola Xunta de Galicia nos arquivos e museos xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia e nos de titularidade autonómica, no seu Título III, artigo 9º.
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Descripción del estado de conservación:
Unha parte do fondo áchase en mal estado debido ás pésimas condicións de instalación que durante séculos sufriron os documentos.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Notas
Nota general
1. Título: a tradicional organización do fondo da Real Audiencia de Galicia, onde o último degraño de clasificación estaba constituído polas chamadas "series", agrupacións de documentos en función da categoría xurídica dos demandantes ou formadas con criterios temáticos, a non sempre nidia separación entre os procedementos gobernativos e xudiciais e, dentro destes últimos, entre os propiamente civís e os de índole criminal, e a conseguinte dificultade que hoxe entraña a identificación con criterios actuais de diferentes series documentais de carácter tipolóxico, explican a necesidade de outorgar, no estado actual dos nosos coñecementos, unha denominación tan ampla a este conxunto documental.
2. Extensión e soporte da unidade de descrición (cantidades, volume ou tamaño: trátase dunha estimación.