O Real decreto do 21 de abril de 1834 ordena que cese a actividade xudicial de todos os alcaldes ordinarios das vilas e que se remitan aos xuíces letrados das cabezas de partido —neste caso, ao de Ferrol— todos os procesos e expedientes que teñan abertos. Entre esa data e a entrada en vigor do Real decreto do 26 de setembro de 1835, que aproba o Regulamento provisional da administración de xustiza na xurisdición real ordinaria, é o xuíz de primeira instancia de Ferrol quen asume toda a función xudicial. Este decreto vai minorar a súa carga de traballo: así, os alcaldes primeiros constitucionais das vilas —ou se for o caso, os tenentes de alcalde ou alcaldes segundos— exercerán unha función conciliatoria. Perante este alcalde, chamado tamén xuíz de paz, presentarase toda persoa que queira demandar a outra co seu home bo. O xuíz oirá as partes e resolverá; se non consegue a conciliación, poderá recorrer á arbitraxe. De todos os xeitos é preciso este trámite previo da conciliación para poder acudir logo ao xuíz de primeira instancia. O alcalde constitucional rexistrará estas actuacións no Libro de xuízos de conciliación e expedirá os certificados necesarios. Son competencia do xuíz de paz as demandas civís de menos de 10 duros e as causas liviás que non merezan máis pena que unha reprensión ou corrección. Compételle tamén investigar os delitos cometidos no seu territorio, ademais de realizar as dilixencias xudiciais ata que chegue a ser contencioso entre partes, caso en que llas remitirá ao xuíz de primeira instancia. Será o Real decreto do 22 de outubro de 1855 o que cree os xulgados de paz en todos os municipios da nación, que contarán co mesmo número de xuíces de paz que antes había de alcaldes e tenentes de alcalde. Este xulgado será substituído polo municipal segundo o artigo 148 da Lei orgánica do poder xudicial do 15 de setembro de 1870.
Historia archivística
Este fondo ingresou por transferencia o 16 de novembro de 1982, mesturado dentro do fondo do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ferrol, encargado de transferir ao Arquivo a documentación procedente da antiga xurisdición de Ferrol.
Alcance e conteúdo
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións: o Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia; a Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia